SAP Pontevedra 153/2001, 6 de Abril de 2001

PonenteJUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO
ECLIES:APPO:2001:999
Número de Recurso17/2000
ProcedimientoCIVIL
Número de Resolución153/2001
Fecha de Resolución 6 de Abril de 2001
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 1ª

SENTENCIA NÚM. 153

Pontevedra, o 6 de abril do ano 2001.

O recurso de apelación interposto fronte á sentencia deitada nos actos do proceso civil núm.

207/98, vindo do Xulgado de 1ª, Instancia Pontevedra 7, foi movido entre as partes: dunha beira,

como apelante e demandante, ENTIDADE MONTEBALSA, SL,, representado polo procurador dos

tribunais Sr. Tomás Abal,; baixo a dirección do letrado Sr. García Rey doutra, como apelado e

demandado, CALEFACCIONES RÍA DE AROSA, SI, a quen representa o procurador Sr Sanjuán

Fernández e dirixe o letrado Sr. Nogueira Santos; e, amais diso, dunha outra, como apeladodemandado-adherido, CONSTRUCCIONES LA BARCA, representada polo procurador Sr. Soto

Santiago e asistido polo, letrado Sr. Heredero Villalba. Xuízo de menor contía.

ANTECEDENTES DE FEITO

Acéptanse os da sentencia de primeira instancia e, alén diso:PRIMEIRO. Nos actos a que este rolo atinxe, no, data de 10 de decembro de 1999, o Sr maxistrado-xuiz do Xulgado de primeira Instancia núm. 7 de Pontevedra pronunciou sentencia, a resolución da cal, rigorosamente, di:

DECISION: "Que desestimando la demanda presentada por la procuradora Doña Susana Tomás Abal en nombre y representación de "MONTEBALSA, SL", contra "CALEFACCIONES RIA DE AROSA, SL" representada por el procurador don Pedro Sanjuán Fernández y "CONSTRUCCIONES LA BARCA, SL" representada por el procurador D. Senén Soto Santiago, con imposición de las costas procesales á la parte actora".

Fronte á devandita sentencia, a parte demandante e demandada, que se adheríu, interpuxeron recurso de apelación que foi admitido en ámbolos dous efectos, polo que as actuacións foron elevadas a esta Sala, tras as partes seren emprazadas. Por estas se teren constituido en parte perante ela no tempo e do xeito que acae, tívoselles por comparecidas; axiña, entregáronselle aquelas para instrucción por termo de seis días ao maxistrado relator, e, tendo sido devoltas, sinalouse o día 28 de marzo do ano que andamos para a vista do recurso. A seguir, pasáronselles os actos aos litigantes, tamén para instrucción, polo prazo de catro días a cada un deles.

SEGUNDO

Na tramitación desta instancia, cumpríronse as prescricións e termos legaís.

Foi relator o maxistrado don JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o criterio da Sala.

II.FUNDAMENTOS DE DEREITO

PRIMEIRO

Aparte actora, e agora recorrerte, mantén a mesma liña argumental que na primeira instancia, limitándose a reproducir nesta alzada esa liña argumentativa, mais ser entrar nunha critica da sentencia apelada, ou o que é o mesmo, non combate, como sería lóxico e consecuente coa propia natureza do, recurso de apelación, esa resolución, a que, en definitiva, vén rexeita-la demanda de tercería de mellor dereito, por non goza-lo tercerista apelante da preferencia que preconiza con respecto ao demandado, executante no xuízo executivo no seu...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR