SAP Pontevedra 98/2011, 30 de Marzo de 2011

JurisdicciónEspaña
Fecha30 Marzo 2011
Número de resolución98/2011

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00098/2011

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2 de PONTEVEDRA

Domicilio: ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Telf: 986.80.51.19

Fax: 986.80.51.14

Modelo: N54550

N.I.G.: 36039 41 2 2010 0001797

ROLLO: APELACION JUICIO DE FALTAS 0000049 /2011-M

Juzgado procedencia: JDO.1A.INST.E INSTRUCCION N.2 de O PORRIÑO

Procedimiento de origen: JUICIO DE FALTAS 0000681 /2010

RECURRENTE: Agapito, Damaso

Procurador/a:,

Letrado/a:,

RECURRIDO/A: MINISTERIO FISCAL FISCAL

Procurador/a:

Letrado/a:

A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra, composta en tribunal unipersoal polo maxistrado Ilmo. Sr. don JOSÉ JUAN RAMÓN BARREIRO PRADO, pronunciou,

NO NOME DO REI

a seguinte

SENTENZA NÚM. 98

Pontevedra, trinta de marzo de dous mil once.

Neste rolo de apelación número 49/11 dimanante dos autos de xuízo de faltas número 681/10 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución núm. 2 de O Porriño, por lesións e maltrato de obra, son partes: como apelantes-apelados, don Agapito e don Damaso, e o Ministerio Fiscal .

ANTECEDENTES DE FEITO Primeiro.- Con data do 24 de xaneiro de 2011, a maxistrada xuíza do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución núm. 2 de O Porriño, ditou sentenza nos autos orixinais dos que o presente rolo dimana. Os feitos probados da sentenza din literalmente:

Queda probado y así se declara que el día 26 de abril de 2010 Agapito se encontraba jugando a las cartas con Evelio en la parte trasera del taxi de éste. En un determinado momento se le acercó Damaso solicitándole que retirara su vehículo y sacándolo del taxi, iniciándose un acometimiento mutuo que finalizó cuando Damaso tiró al suelo a Evelio . Como consecuencia de ello Agapito resultó lesionado invirtiendo en su curación 10 días no impeditivos y quedando como secuela una cicatriz en codo izquierdo de aproximadamente 2 cm. Con ocasión de la caída también fracturó el cristal del reloj cuya reparación ascendió a 59 euros.

Segundo

O xulgado ditou a sentenza que contén a seguinte parte dispositiva :

Que debo condenar y condeno a Damaso como autor responsable de una falta de lesiones del art. 617.1 CP a la pena de multa de 1 mes, a razón de seis euros diarios, con responsabilidad personal subsidiaria en caso de impago y a que indemnice a Agapito en la cantidad de 409 euros, en concepto de responsabilidad civil.

Todo ello con imposición de costas al condenado.

Que debo absolver y absuelvo a Agapito de la falta por la que venía denunciado.

Terceiro

Notificada a mencionada sentenza ás partes, don Agapito e don Damaso interpuxeron ambos los dous recurso de apelación, que foron admitidos e tramitados de conformidade co disposto no artigo 795.4 da Lei de axuizamento criminal . Achegadas as actuacións a esta Audiencia, pasaron ao maxistrado relator para ditar resolución.

FEITOS PROBADOS

Acéptanse e danse por reproducidos os feitos probados da sentenza contra a que se recorre.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

Na instancia resultou condenado Damaso como autor responsable dunha falta de lesións do artigo 617.1º do Código penal . E contra a amentada resolución xudicial recorre en apelación tanto o así condenado, como a vítima Agapito . Xa que logo, é mester comezar pola análise do recurso do denunciadocondenado, xa que a hipotética estimación da súa impugnación, consistente na solicitude da libre absolución, faría xa inútil calquera consideración verbo do incremento da contía da indemnización pola secuela que lle resta ao prexudicado.

Segundo

Certamente, no recurso de apelación formulado por Damaso non se cumpría co esixido no artigo 790.2, primeiro parágrafo in fine, da Lei de axuizamento criminal, no relativo á fixación dun domicilio para notificacións no lugar onde ten a súa sede esta Audiencia Provincial. Mais por unha posterior dilixencia de ordenación foi requirido para tal efecto o recorrente, consta en autos atendido o devandito requirimento (f.

88), e designouse así un domicilio para notificacións nesta cidade de Pontevedra. En consecuencia, o defecto que en tal sentido denunciaba Agapito como cuestión previa de admisión a trámite do recurso de apelación do condenado non existe.

O erro na valoración da proba que, como único motivo de apelación, alega o amentado denunciadocondenado abofé que por ningures se albisca. Non se pode confundir o lexítimo interese da parte, tendente a que coincida con el a resposta xudicial, coa imparcial e obxectiva valoración que en conciencia debe levar a cabo o autor dunha resolución xudicial ( artigos 741 e 973.1 da...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR