SAP Pontevedra 407/1999, 28 de Junio de 1999

PonenteLUCIANO VARELA CASTRO
ECLIES:APPO:1999:1838
Número de Recurso383/1998
ProcedimientoCIVIL
Número de Resolución407/1999
Fecha de Resolución28 de Junio de 1999
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 1ª

SENTENCIA N. 407 Pontevedra, o vinteoito de xuño de mil novecentos noventa e nove. O recurso de apelación interposto fronte á sentencia deitada nos actos do proceso civil número 0181/97, vindo do XDO. 1ª INST. e INSTR. PONTEVEDRA 6 , foi movido entre as partes: dunha

banda, como apelantes e demandantes, Don Bernardo e a súa esposa dona

Begoña , representados nesta instancia polo procurador dos tribunais Sr.

Sanjuán Fernández, baixo a dirección do letrado Sr. Devesa Pérez-Bobillo; e da outra, como apelados e demandados, don Lázaro e a súa esposa dona Nuria , a quen representa a procurador Sra. Fernández Názar e dirixe o

letrado Sr. Barros Barros, en xulzo de interdicto de obra nova.

I.- ANTECEDENTES DE FEITO.

Acéptanse os da sentencia de primeira instancia e, alén diso:

PRIMEIRO

Nos actos a que este rolo atinxe, na data de tres de setembro de 1998, o Sr.maxistrado-xuiz do XDO. 1ª INST. e INSTR. PONTEVEDRA. 6 pronunciou sentencia , a resolución da cal, rigorosamente, di:

DECISION: "Que desestimando la demanda interdictal formulada por el procurador de los tribunales don Pedro Sanjuán Fernández, en nombre y representación de don Bernardo y doña Begoña , contra don Lázaro y doña Nuria , debo absolver y absuelvo a los demandados sin expresa imposición de costas".

Fronte á devandita sentencia, a parte demandante interpuxo recurso de apelación que foi admitido en ámbolos dous efectos, polo que as actuacións foron elevadas a esta Sala, tras as partes seren emprazadas. Ao estas se constituíren en parte perante ela no tempo e forma que corresponde, tívoselles por comparecidas, entregóuselles aquelas para instrucción por termo de dez días a cada unha e, despois de aviaren o devandito trámite, pasáronse por igual termo e co mesmo obxecto ao maxistrado relator. A seguir, sinalouse día para a vista do recurso, que tivo lugar na data de dezaoito de xuho do año que andamos, coa asistencia dos letrados das partes.

SEGUNDO

Na tramitación desta instancia, cumpríronse as prescricións e termos legais. Foi relator o maxistrado don LUCIANO VARELA CASTRO, quen expresa o criterio da Sala.

II.- FUNDAMENTOS XURIDICOS.

PRIMEIRO

Obxecto de litixio e do recurso.

A demanda interdictal denunciaba a obra nova do demandado fundándose no feito de que esta consistía na construcción de novos andares enriba da estructura preexistente adicada a alpendre, da que se dicía edificación lindante coa propiedade do actor. E xustificaba o pedimento de paralización pola ilicitude da obra derivada de dúas infraccións: a) achegamento a lindeiros coa consecuente infracción urbanística, ao que engadía ilicitude, asemade, por exceso de volume; e b) prohibición da limitación da propiedade por abrir vistas enriba de fundo lindante a menos de dous metros da estrema.

Ben se entende que o éxito da acción pasa pola proba do feito constituinte do dereito alegado: que o edificio no que está a obra denunciada linda co predio do actor.

Porque, de non lindar, queda excluida a aplicación da norma limitativa da propiedade para abrir ocos adicados a vistas. Aínda máis, para dar por existente a infracción urbanística atinxente a distancia a lindeiros, cómpre, amais de acada-la proba da existencia desa estrema, proba-la norma alegada e a avaliabilidade da existencia da infracción por tal concreto motivo.

A sentencia apelada, logo...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • SAP Pontevedra 129/2005, 11 de Marzo de 2005
    • España
    • 11 Marzo 2005
    ...existe pacífica opinión jurisprudencial. Un primer grupo de resoluciones -entre las que cabe citar SS. AP Pontevedra (Secc. 1ª) 28.1.1998, 28.6.1999 y 14.4.2000 - acogen dichas infracciones urbanísticas como objeto del interdicto analizado, incluso sin necesidad de acreditarse por el interd......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR