SAP Pontevedra 162/1999, 22 de Marzo de 1999

PonenteJUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO
ECLIES:APPO:1999:747
Número de Recurso2022/1999
ProcedimientoCIVIL
Número de Resolución162/1999
Fecha de Resolución22 de Marzo de 1999
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 1ª

SENTENCIA N. 162 -Pontevedra, o vintedous de marzo de mil novecentos noventa e nove.

O recurso de apelación interposto fronte sentencia deitada nos actos do proceso civil número

0146/97, vindo do XDO.1ª INST. e INSTR. O PORRIÑO 1, foi movido entre as partes: dunha banda,

como apelante e demandante, D. Juan Enrique , e da outra, como apelados e

I.- ANTECEDENTES DE FEITO.

Acéptanse os da sentencia de primeira instancia e, alén dilo:

PRIMEIRO

Nos actos a que este rolo atinxe, na data de 29 de outubro de 1998, o Sr xuia do XDO.1ª INST. e INSTR. O PORRIÑO 1 proferiu sentencia , a resolución da cal, rigorosamente, di:

DECISION: " Que desestimando la demanda interpuesta por Juan Enrique contra "ABENGOA, S.A." y el M.O.P.U, debo absolver y absuelvo a los demandados, con expresa imposición de las costas a la parte demandante."

Fronte é devandita sentencia, a parte demandante interpuxo recurso de apelación que foi admitido en émbolos dous efectos. Téndoselle elevadas as actuacións a este tribunal, sinalouse data para deliberaren eresolveren o recurso.

SEGUNDO

Na tramitación desta instancia, cumprironse as prescricións e termos legais.

Foi relator o maxistrado don JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o criterio da Sala.

II.- FUNDAMENTOS XURIDICOS.

PRIMEIRO

Fronte ao mantido na sentencia recorrida, a Sala, tendo revisado todo o material probatorio, chega é conclusión de que o accidente sobreveu pala causa alegada polo actor, e hoxe recorrente, quérese dicir, pola mancha de gasóleo ou aceite existente sobre a calzada, que provocou o estado escorregadizo desta.

Fronte á absoluta orfandade probatoria da parte demandada, o demandante achega dúas testemuñas, das cales, malla unha traballar na mesma empresa que o actor, o que poder-fa conducir a dubidarmos da súa imparcialidade, sobre a segunda das testemuñas non existe dato obxectivo ningún -nin a contraparte o alega- que faga dubidarmos da súa credibilidade. Eis, esta segunda testemuña, ao unísono que a primeira, corroboran feitos esenciais tales como a realidade da mancha, o estado esvaradio do pavimento, a velocidade moderada do vehículo e o derrape deste por mar dese estado esvaradio, a súa detención na divisoria, ou o lugar no que se produciu o sinistro, nas proximidades da gasolineira de Tameiga. Certo é que esas testemuñas incorren nalgunhas contradiccións, que o xulgador a quo se...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR