AAP Pontevedra 16/2008, 16 de Enero de 2008

PonenteJOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
ECLIES:APPO:2008:1572A
Número de Recurso16/2008
ProcedimientoPENAL - APELACION PROCEDIMIENTO ABREVIADO
Número de Resolución16/2008
Fecha de Resolución16 de Enero de 2008
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 2ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

AUTO: 00016/2008

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Sección núm. 002

Rolo: 0000016 /2008 M.J.

Procedencia: JDO.1A.INST.E INSTRUCCION N.1 de CAMBADOS

Proc. de orixe: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO nº 0000211 /2007 Maxistrados

Don José Juan Ramón Barreiro Prado, Presidente Dona Mª Mercedes Pérez Martín Esperanza

Dona Rosario Cimadevila Cea

AUTO NÚM. 16

Pontevedra, dezaseis de Xaneiro de dous mil oito.

FEITOS

Primeiro

Na causa arriba mencionada o Xulgado de Instrucciín nº 1 de Cambados ditou o auto do 28 desestimando a reforma de a providencia do 23/8/08 na que se denegaba a practica de dilixencia solicitadas pola representación de Don Horacio .

Segundo

Contra o dito auto a Procuradora Dª Mª del Amor Angulo Gascón, na representación de Don Horacio, formulou recurso de apelación, e admitido a trámite, remitíronse a este Tribunal para resolución do mesmo.

Expón o parecer da Sala o maxistrado relator Iltmo. SR. DON José Juan Ramón Barreiro Prado RAZOAMENTOS XURÍDICOS

ÚNICO.- Segundo se tira do testemuño de particulares que se ten enviado a esta alzada para a resolución do recurso de apelación formulado por Horacio contra a resolución da instancia pola que se lle denegou a práctica dunha testemuñal, non só a denunciante Fidela afirma que aquel apelante, como denunciado, supostamente quebrantou a medida de achegamento a menos de cen metros de Santos, senón que o mesmo afirmaron Palmira e Jesús María .

O feito de que o devandito denunciado-apelante pretenda agora a declaración a súa instancia doutras dúas testemuñas (José Antonio Rey Domínguez e Benito Pomares Oliveira) e aínda presupoñendo que o que estas puidesen declarar fose de signo contrario ao referido pola denunciante e testemuñas que a acompañaban en tal intre, en nada afectaría á prosecución das dilixencias previas e a súa prevista e acordada transformación en procedemento abreviado pola providencia do 23 de agosto de 2007 pois, coma moito, e en caso de confrontación de versións, a Xulgadora a quo seguiría a ostentar a posibilidade de opción legal xa apuntada.

E en nada afecta a denegación na fase instructora das dilixencias da pretendida testemuñal cando, de chegar a aperturarse o xuízo oral (artigo 783 da Lei de Axuizamento Criminal) o agora recorrente poderá propoñer entre os seus hipotéticos medios de proba de descargo, precisamente, a testemuñal de mención, a prácticar no propio xuízo oral xunto coa reiteración...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR