SAP Pontevedra 617/1999, 9 de Noviembre de 1999

PonenteJUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO
Número de Recurso322/1998
ProcedimientoCIVIL
Número de Resolución617/1999
Fecha de Resolución 9 de Noviembre de 1999
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra

SENTENCIA N. 617

Pontevedra, o nove de novembro de mil novecentos noventa e nove.

0 recurso de apelación interposto fronte á sentencia deitada nos actos do proceso civil

número 0779/94, vindo do XDO.1.INSTANCIA.VIGO-2, foi movido entre as partes: dunha banda,

como apelante e demandante-reconvindo, COREN GRILL, S.A., representado nesta instancia polo

procurador dos tribunais Sr. Giménez Campos, baixo a dirección do letrado Sr. Ocampo Martinez;

doutra, como apelado e demandado-reconveniente, don Luis Pedro , a quen

representa o procurador Sr. González Montes e dirixe o letrado Sr. Terceiro Lomba; e, amais diso,

dunha outra, como apelado-demandado, VIDEO CLUB TRAVIESAS, S.L., en situación procesual

de rebeldía, en xuízo de menor contía.

I.- ANTECEDENTES DE FEITO.

Acéptanse os da sentencia de primeira instancia e, alén diso:PRIMEIRO. Nos actos a que este rolo atinxe, na data de 17 de febreiro de 1998, o Sr maxistrado-xuíz do XDO.1.INSTANCIA.VIGO-2 deitou sentencia , a resolución da cal, rigorosamente, di:

DECISION: "Que debo desestimar y desestimo la demanda deducida por la entidad "COREN GRILL, S.A.", frente a "VIDEO CLUB TRAVIESAS, S.L." y don Luis Pedro . Que estimando en parte la reconvención formulada por don Luis Pedro frente a la entidad "Coren Grill, S.A.", debo condenar y condeno a ésta a que pague a aquél la cantidad de 6 440 000 pta, con más el IVA devengado procedente."

Fronte á devandita sentencia, a parte demandante interpuxo recurso de apelación que foi admitido en ámbolos dous efectos, polo que as actuacións foron elevadas a esta Sala, tras as partes seren emprazadas. Ao estas se constituíren en parte perante ela no tempo e forma que corresponde, tívoselles por comparecidas, entregóuselles aquelas para instrucción por termo de dez días a cada unha e, despois de aviaren o devandito trámite, pasáronse por igual termo e co mesmo obxecto ao maxistrado relator. A seguir, sinalouse día para a vista do recurso, que tivo lugar na data de 13 de outubro do año que andamos, coa asistencia dos letrados das partes.

SEGUNDO

Na tramitación desta instancia, cumpríronse as prescricións e termos legais.

Foi relator o maxistrado don JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o criterio da Sala.

II.- FUNDAMENTOS XURIDICOS.

PRIMEIRO

Acóllese o recurso e o, pedimento primeiro da demanda inicial, consistente en que se declaren resoltos os contratos de aluguer e de traspaso do local litixioso, e rexéitase, conseguintemente, a demanda reconvencional.

Como feitos que son preciso ter en conta para resolvérmo-la presente controversia cómpre atérmonos, en síntese, aos seguintes:

  1. A traverso dun novo contrato de arrendamento, a actora inicial, Coren Grill, S.A., alugoulle o local litixioso ao demandado, Luis Pedro , como dono e alugador, e como o devandito local xa estivera alugado á sociedade, Video Club Traviesas, S.L., tamén demandada, a primeira asinou, simultaneamente con esta última entidade, contrato de traspaso co coñecemento e consentimento da parte arrendadora.

  2. 0 obxecto do arrendamento do local de negocio era o "almacenamento, conservación, distribución e venda de alimentos e bebidas, e a elaboración, preparación e cociñado das devanditas bebidas e alimentos", tal como de xeito expreso sinala a cláusula sexta do contrato de aluguer.

  3. Na cláusula terceira do contrato de traspaso dise: lo propietario do local, D. Luis Pedro , e o alugueiro, Vídeo Club Traviesas, S.L., declaran a Coren Grill, S.A., que non existe circunstancia nin disposición ningunha relativa á división horizontal nin á comunidade de veciños que impida a apertura do local coa actividade de almacenamento, conservación, distribución e venda de alimentos e bebidas, e a elaboración, preparación e cociñados das devanditas bebidas e alimentos". Engadíndose nesa cláusula que "D. Luis Pedro e Vídeo Club Traviesas, SL, solidarínzanse na responsabilidade ante Coren Gril, S.A., dos danos e perdas que se orixinen, entre outros a devolución do prezo do traspaso, da inexactitude da anterior declaración". E na cláusula decimosétima do contrato de aluguer establécese que lo arrendador autoriza o rendeiro a este a efectuar cantas obras precise para acondiciona-lo local deste arrendamento ao uso a que se destina".

D)Esixíndose polas...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • STS 1311/2006, 22 de Diciembre de 2006
    • España
    • Tribunal Supremo, sala primera, (Civil)
    • 22 Diciembre 2006
    ...el procurador D. Argimiro Vázquez Guillén, en nombre y representación de D. Raúl, contra la sentencia dictada en grado de apelación, rollo 322/98, por la Audiencia Provincial de Pontevedra de fecha 9 de noviembre de 1999, dimanante del juicio de menor cuantía número 779/94 del Juzgado de Pr......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR