SAP Pontevedra 268/2015, 10 de Noviembre de 2015

PonenteJOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
ECLIES:APPO:2015:2407
Número de Recurso1018/2015
ProcedimientoPENAL - APELACION PROCEDIMIENTO ABREVIADO
Número de Resolución268/2015
Fecha de Resolución10 de Noviembre de 2015
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 2ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00268/2015

ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Teléfono: 986.80.51.19

213100

N.I.G.: 36038 43 2 2013 0007548

ROLO: RP APELACION PROCTO. ABREVIADO 0001018 /2015 I

Juzgado de origen: JDO. DE LO PENAL N.1 DE PONTEVEDRA

Procedimiento de origen: PROCEDIMIENTO ABREVIADO 145/2015

Delito/falta: NEGATIVA A LA REALIZACIÓN A PRUEBAS DE ALCOHOLEMIA

APELANTE: Jesús Manuel

Procuradora: MARIA MERCEDES PEREIRO DOMINGUEZ

Abogado: MANUEL ANGEL LOURO REY

APELADO: MINISTERIO FISCAL FISCAL

Procurador/a: D/Dª

Abogado/a: D/Dª

SENTENZA Nº 268

==========================================================

MAXISTRADOS/AS:

Ilmo. Sr. don José Juan Barreiro Prado, presidente

Ilma. Sra. dona Rosa del Carmen Collazo Lugo

Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea

==========================================================

Pontevedra a, dez de novembro de dous mil quince.

Visto, pola Sección 2ª desta Audiencia Provincial, na causa instruída co número 1018/2015, o recurso de apelación interposto polo/a procurador/a Sra. Mª Mercedes Pereiro Domínguez, en representación de Jesús Manuel contra a sentenza ditada polo Xulgado do Penal núm. 1 de Pontevedra. Constituíronse como partes o mencionado recorrente e o Ministerio Fiscal, na representación que lle é propia, e actuou como relator o maxistrado don José Juan Barreiro Prado . ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

No acto do xuízo oral de referencia ditouse unha sentenza con data do dezasete de xuño de dous mil quince, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

UNICO- Sobre las 14:25 horas del día 26 de junio de 2013, el acusado Jesús Manuel, mayor de edad y con antecedentes penales no computables a efectos de reincidencia, conducía el vehículo Peugeot 106 matrícula F-....-FQ, por el Liugar de Estribela, Pontevedra, y lo hacía pese a conocer que no podía hacerlo por carecer de permisos para ello al no haberlo obtenido nuncia.

Tras el circulaba un vehículo camuflado de la Guardia Civil que le dió el alto y lo interceptó, pues el acusado estaba siendo investigado por su supuesta implicación en otra infracción penal.

Observando la Guardia Civil en el acusado una previa conducción irregular y que presentaba síntomas compatibles con la afectación por el consumo de sustancias estupefacintes, fue requerido para someterse a las pruebas de detección de las mismas, negándose a efectuarla, y ello a pesar de conocer las consecuencias que le acarreaba la negativa.

En el vehículo viajaba de ocupante Teresa, titular del mismo, quien no consta que tuviera conocimiento de que Jesús Manuel carecía de permiso de conducir.

E, como feitos probados, recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela:

"QUE DEBO CONDENAR Y CONDENO a D. Jesús Manuel, como autor criminalmente responsable de

A)Un DELITO CONTRA LA SEGURIDAD VIAL en su modalidad de negativa a someterse a las pruebas de comprobación de la presentcia en el organismo de drogas tóxicas, estupefacientes o sustancias psicotrópicas, a la pena de SEIS MESES DE PRISIÓN, con la accesoria de inhabilitación especial pra el ejercicio del derecho de sufragio pasivo durante el tiempo de la condena, y PRIVACIÓN DEL DERECHO A CONDUCIR VEHÍCULOS A MOTOR Y CICLOMOTORES POR TIEMPO DE UN AÑO Y UN DÍA.

b)Un DELITO CONTRA LA SEGURIDAD VIAL en su modalidad de CONDUCCIÓN SIN PERMISO, a la pena de SEIS MESES DE MULTA CON una cuota diaria de SEIS EUROS, haciendo un total de MIL OCHENTA EUROS (1.080 euros), apercibiéndole de que en caso de impago quedará sujeto a una responsabilidad personal subsidiaria de un día de privación de libertad por cada dos cuotas diarias de multa no satisfechas, condenándolo asimismo al abono de las dos terceras partes de las costas del juicio."

Segundo

Contra a devandita sentenza, a representación procesual do/da recorrente interpuxo un recurso de apelación, que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito, o cal está unido ás actuacións.

Terceiro

Logo de trasladarlle o escrito de formalización do recurso ao Ministerio Fiscal e ás outras partes, presentouse un escrito de impugnación baseándose en que a sentenza obxecto de recurso se axusta plenamente a dereito e solicitouse a súa confirmación.

Cuarto

O xulgado do penal referido anteriormente remitiu a este Tribunal os autos orixinais con todos os escritos presentados e, tras seren recibidos, sinalouse unha data para a súa deliberación, que tivo lugar o día 10/11/2015.

FEITOS PROBADOS

Aceptamos e damos por reproducidos os feitos que se declaran probados na sentenza obxecto de recurso.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

O acusado, Jesús Manuel, foi condenado na instancia como autor responsable de dous delitos contra a seguridade viaria: un, de negativa a someterse ás probas legalmente establecidas para a comprobación das taxas de alcolemia e da presenza de drogas tóxicas, estupefacientes e substancias psicótropas, do artigo 383 do Código penal ; e outro, de condución sen permiso, do artigo 384, parágrafo segundo, do mesmo texto legal . Acode agora en apelación perante esta alzada na procura da absolución por ambos os delitos cos consecuentes pronunciamentos legais. O fiscal oponse a que acollamos a impugnación así formulada.

Segundo

Os motivos de apelación invocados polo recorrente na procura da súa absolución nesta alzada consisten na denuncia de ata catro vulneracións que, para os efectos do seu adecuado tratamento e resolución, podemos reconducir a dúas. A primeira é a vulneración do artigo 383 do Código penal pola falta de requirimento para someterse ás probas de detección alcólica e de estupefacientes -xa que logo, non habería negativa a someterse a elas-, e a vulneración do mesmo precepto penal pola falla de obrigatoriedade da proba de detección alcólica ou de estupefacientes cando o recorrente xa estaba nas dependencias da Garda Civil. E a segunda, a vulneración dos artigos 383 e 384 do Código penal pola falla de competencia funcional e territorial dos axentes actuantes para someter o apelante ás amentadas probas no momento da detención e para solicitar o seu carné de conducir.

Terceiro

No relativo á denunciada vulneración do artigo 383 do Código penal pola falta de requirimento para someterse ás probas de detección alcólica e de estupefacientes -o que suporía a ausencia de negativa a someterse a elas- e á falta de obrigatoriedade das mesmas probas cando o recorrente xa estaba nas dependencias da Garda Civil, debemos comezar por lembrar a declaración de feitos probados da sentenza contra a que se apela. Neles reflectiuse que, tras o vehículo de motor que conducía o acusado, Jesús Manuel

, circulaba outro camuflado da Garda Civil que lle deu o alto e o interceptou por estar a ser investigado a causa da súa suposta implicación noutra infracción penal, se ben xa antes os dous axentes comprobaran como conducía dun xeito...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • SAP Pontevedra 105/2017, 23 de Mayo de 2017
    • España
    • 23 Mayo 2017
    ...do 14 de xuño de 2012 vimos seguindo e que reproducimos máis amplamente na SAP, Penal, Sección 2ª, do 10 de novembro de 2015 (ROJ: SAP PO 2407/2015 - ECLI:ES:APPO:2015:2407), onde Pois ben, de entrada debemos dicir, xunto co maxistrado xuíz a quo, que non quedou demostrado que os axentes da......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR