AAP Pontevedra 42/2017, 17 de Febrero de 2017

PonenteJUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO
ECLIES:APPO:2017:395A
Número de Recurso743/2016
ProcedimientoCUESTIóN DE COMPETENCIA
Número de Resolución42/2017
Fecha de Resolución17 de Febrero de 2017
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 6ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

AUTO: 00042/2017

N01600

C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGOTfno.: 986817388-986817389 Fax: 986817387

BN

N.I.G. 36038 42 1 2016 0002679

ROLLO: RCC CUESTION DE COMPETENCIA 0000743 /2016

Juzgado de procedencia: XDO. PRIMEIRA INSTANCIA N. 12 de VIGO

Procedimiento de origen: OPOSICION MEDIDAS EN PROTECCION MENORES 0001301 /2016

Recurrente: Germán, Palmira

Procurador: MARIA BELEN ALVAREZ SANCHEZ

Abogado: LAURA LEAL GONZALEZ

Recurrido: CONSELLERIA DE POLITICA SOCIAL

Procurador:

Abogado:

ogado:

A SECCIÓN SEXTA DA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA CON SEDE EN VIGO,

COMPOSTA POLOS MAXISTRADOS PRESIDENTE, D. JAIME CARRERA IBARZÁBAL, D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO E D. JULIO PICATOSTE BOBILLO, PRONUNCIOU

NO NOME DO REI

o seguinte

A U T O Nº

Vigo dezasete de febreiro de dous mil dezasete.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do oposición medidas en protección menores 1301/16, procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 12 de Vigo ós que correspondeu o rolo 743/16, nos que aparece como parte apelante e demandante D. Germán y Dª Palmira, representada polo/a procurador/a D./D.ª MARÍA BELÉN ÁLVAREZ SÁNCHEZ e asistida do/da letrado/a D./D.ª LAUR LEAL GONZÁLEZ. Sendo parte o A CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL.

É o maxistrado relator D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala. I. ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

O Xulgado de 1ª Instancia nº 12 de Vigo, con data do 18 de outubro de 2016, ditou un auto

coa seguinte parte dispositiva:

" DECIDO : DECLARAR LA FALTA DE COMPETENCIA TERRITORIAL de este Juzgado de Familia para conocer el procedimiento de Impugnación de Actos Administrativos (Inhibido por el Juzgado de 1ª Instancia nº 5 de Pontevedra) promovido a instancia de Palmira Y Germán, se ACUERDA la remisión de todos los antecedentes al Tribunal superior inmediato común (Audiencia Provincial) a fin de que por el mismo se decida por medio de auto, el Tribunal al que corresponda conocer del asunto."

Segundo

Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.

  1. RAZOAMENTOS XURIDICOS

Primeiro

O Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xunta de Galicia, con sede

en Vigo, dita resolución o día 21 de xuño de 2016 na que, en síntese, se declara en situación de desamparo a dous irmáns, menores de idade, e acórdase que a tutela dos mesmos sexa asumida polo Centro Aldeas Infantiles SOS de Galicia, sito en Redondela, requerindo aos pais para que procedan á entrega dos menores. Os pais queren opoñerse ás medidas acordadas, e o problema que ante nós suscítase refírese a determinar cal dos xulgados, de Vigo ou Pontevedra, que se declararon ambos incompetentes, ostentan a competencia para coñecer desa pretensión dos proxenitores. O que debe levarmos a analizar a normativa atinente a esta materia, certamente confusa, insuficiente e ata contraditoria.

Por unha banda, o artigo 15 da Lei 52/1997, de 27 de novembro, de Asistencia Xurídica ao Estado e Institucións Públicas, proclama que "para o coñecemento e resolución dos procesos civís nos que sexan parte o Estado, os Organismos públicos ou os órganos constitucionais, serán en todo caso competentes os Xulgados e Tribunais que teñan a súa sede nas capitais de provincia, en Ceuta ou en Melilla. Esta norma aplicarase con preferencia a calquera outra norma sobre competencia xeográfica que poidera concurrir no procedimento. O disposto neste artigo non será de aplicación aos xuizos universais nin aos interditos de obra ruinosa".

Por outra, e contrariamente, o artigo 779 da L. A. C., na súa actual redacción, procedente da Lei 26/2015, dispón que "será competente para coñecer os procedimentos nos que se substancie a oposición ás resolucións administrativas en materia de protección de menores o Xulgado de Primeira Instancia do domicilio da Entidade Pública e, no seu defecto, ou nos supostos dos artigos 179 e 180 do Código Civil, o Tribunal do domicilio do adoptante.»

Da lei 15/2005, de 2 de xullo, de Xurisdición Voluntaria destacamos as seguintes normas en materia competencial:

  1. O artigo 24, que dispón que será competente para coñecer do expedente de autorización ou aprobación de recoñecemento da filiación non matrimonial, o Xulgado de Primeira Instancia do domicilio do recoñecido ou, se non o tivera en territorio nacional, o da súa residencia en dito territorio.

  2. Pola súa banda, estes dous foros, de domicilio, ou de residencia, do menor ou do incapaz, son igualmente aplicables verbo dos expedentes da habilitación xudicial para comparecer en xuizo e de nomeamento de defensor xudicial (artigo 28); de tutela, curatela e garda de feito (artigo 43); de concesión xudicial da emancipación e do beneficio da maioría de idade (artigo 53); de protección do patrimonio das persoas con discapacidade...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • AAP Pontevedra 184/2017, 25 de Mayo de 2017
    • España
    • May 25, 2017
    ...Jurídica al Estado e Instituciones Públicas, que debe ser de aplicación preferente al art. 779 de la LEC . El reciente Auto de la AP de Pontevedra de 17 de febrero de 2017, Secc. 6 ª ha venido a resolver la cuestión de competencia en Procedimiento de Juicio Verbal de Oposición a medidas adm......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR