AAP Pontevedra 222/2018, 16 de Mayo de 2018

PonenteXERMAN VARELA CASTEJON
ECLIES:APPO:2018:582A
Número de Recurso108/2018
ProcedimientoPenal. Apelación procedimiento abreviado
Número de Resolución222/2018
Fecha de Resolución16 de Mayo de 2018
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 5ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 5

PONTEVEDRA

AUTO: 00222/2018

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 5 de PONTEVEDRA

Domicilio: C/ LALIN Nº 4-1º VIGO

Telf: 986 817162-63 Fax: 986 817165

Equipo/usuario: RD

Modelo: 662000

N.I.G.: 36057 43 2 2013 0002803

ROLLO: RT APELACION AUTOS 0000108 /2018

Juzgado procedencia: XDO. DE INSTRUCIÓN N. 7 de VIGO

Procedimiento de origen: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO 0000833 /2013

RECURRENTE: AIG, AXA SEGUROS GENERALES

Procurador/a: JOSE FERNANDEZ GONZALEZ, MARIA DOLORES DOLDAN PALACIOS

Abogado/a: GABRIEL GOMEZ PUMAR, LUIS ENRIQUE RODRIGUEZ GONZALEZ

RECURRIDO/A: MINISTERIO FISCAL

Procurador/a:

Abogado/a:

AUTO 222/2018

MAXISTRADAS/O

Ilma. Sra. dona, presidenta Mercedes Pérez Martin Esperanza

Ilma. Sra. don José Ramón Sánchez Herrero

Ilmo. Sr. don Xermán Varela Castejón

Vigo, dezaseis de maio de dous mil dezaoito.

FEITOS

Primeiro

Por un auto 8 de setembro de 2017 acordouse nas Dilixencias previas 833/2013 do Xulgado de instrución nº 7 de Vigo a apertura de xuízo oral.

Nese auto faise constar que o Ministerio Fiscal instara por medio de escrito de acusación a condena de Arsenio e Petra como autores dun delito continuado de apropiación indebida. Igualmente, en concepto de responsabilidade civil, solicitaba que ambos foran condenados a indemnizar a diversas persoas en diversas contías por un importe total de 1.144.113,85 euros. Dese importe solicitaba que responderan de forma directa as entidades AIG Europe e AXA ata os límites das súas respectivas responsabilidades contractuais. Ademais, solicitaba que fora condenada como responsábel civil subsidiaria a entidade Bautista Administradores de Vigo SL.

Ademais diversas Comunidades de Propietarios instaron tamén a apertura de xuízo oral contra as dúas persoas físicas indicadas. Nestes casos instábase a apertura de xuízo pola posíbel comisión de delitos de falsidade documental previsto no artigo 395 do CP e apropiación indebida. En tres casos solicitando tamén, ou alternativamente, que se considerara cometido un delito de estafa. En todos os casos era solicitada a condena como responsábeis civís directos das dúas entidades aseguradoras indicadas.

O auto acordaba a apertura de xuízo oral e requirir, ademais de ás dúas persoas físicas e á SL mencionada, ás entidades aseguradoras AIG Europe e AXA como responsábeis civís directas para que prestaran fianza ata os límites das súas correspondentes pólizas, 400 mil euros no primeiro caso e 600 mil no segundo.

No auto tamén se acordaba informar ás partes que contra o mesmo non cabía recurso algún salvo no referido á situación persoal "y a lo dispuesto en relación con las fianzas respecto de las que podrán interponer recurso de reforma en el plazo de tres días".

Segundo

A entidade AXA interpuxo recurso de reforma e subsidiaria apelación contra esa decisión.

Manifesta a entidade que os delitos de falsificación de documento privado, estafa e apropiación indebida non poden estar amparos por unha póliza de responsabilidade civil.

Indica que no contrato de póliza de seguro asinado non se cubrían este tipo de eventos que quedarían fóra do obxecto de cobertura do seguro. En concreto refire que os danos ás Comunidades de propietarios non serían derivados nin dun erro profesional nin producidos de forma involuntaria que é o que define o obxecto do contrato.

Igualmente apunta que nesa póliza son Aseguradas persoas con determinada relación co asegurado no desempeño de " funciones propias de su cometido " e " dentro del ámbito de las actividades ".

Terceiro

Dado traslado do recurso ao Ministerio Fiscal este presentou escrito de oposición ao mesmo reproducindo de forma extensa unha sentenza do Tribunal Supremo na que se afirmaba que, fronte a terceiros, si cabía predicar, como fai neste caso o Ministerio Fiscal, o deber de responder da entidade aseguradora.

Cuarto

Deuse traslado á entidade AIG Europe do recurso interposto por AXA manifestando a mesma por escrito que apoiaba tal recurso se ben estendía a pretensión do mesmo a que fora revogada tamén a esixencia de fianza a AIG Europe.

Quinto

A entidade AIG Europe, pola súa banda, tamén interpuxo recurso de reforma e subsidiaria apelación contra o auto de 8 de setembro de 2017 .

Igual que a entidade AXA, AIG Europe defende nese recurso que as accións atribuídas aos acusados quedarían fóra do ámbito da póliza subscrita con esa entidade.

Apela tamén ao contido da póliza e á referencia nela ao erro profesional do asegurado afirmando que unha acción dolosa dirixida a un enriquecemento ilícito non pode merecer sa consideración. Engadindo que estaba excluído expresamente da póliza.

O Ministerio Fiscal respondeu a este recurso remitíndose ao explicado na resposta ao da entidade AXA.

Sexto

Por auto de dous de xaneiro de dous mil dezaoito a maxistrada do Xulgado de instrución nº 7 de Vigo resolveu os recursos de reforma contra o auto de 8 de setembro presentados polas dúas entidades aseguradoras no sentido de desestimalos.

Previamente, resolve no mesmo auto diversos recursos contra a providencia de 11 de outubro de 2017 na que se admitiron eses recursos de reforma. Neste punto manifesta que procede desestimar as queixas pola admisión dos recursos de reforma proclamando " al ser ya unánime la doctrina jurisprudencial en el sentido de que en relación con dicha resolución [a contemplada no artigo 783 da LACrim ] y a parte de la expresa mención legal de la posibilidad de recurso contra en relación con la situación personal del acusado asímismo debe admitirse el recurso en relación con la fianza para el aseguramiento de responsabilidades civiles establecida en dicha resolución ".

No referido ás pretensións das entidades aseguradoras, rexeita as mesmas remitíndose ao manifestado no escrito do Ministerio Fiscal e a xurisprudencia que menciona este.

Sétimo

Contra esta decisión de desestimación do recurso de reforma alzáronse ambas entidades aseguradoras reiterando os argumentos dados e discutindo as afirmacións do Ministerio Fiscal e do auto impugnado.

Admitido a trámite o recurso deuse traslado ás outras partes manifestando o Ministerio Fiscal a súa oposición ao mesmo.

Con este auto resólvese o amentado recurso, manifestando o parecer da Sala o maxistrado Xermán Varela Castejón.

RAZOAMENTOS XURÍDICOS

Primeiro

Os dous recursos de apelación das entidades aseguradoras que acabamos de expor nos feitos desta resolución son dirixidos contra un auto que resolveu as reformas presentadas contra un auto anterior que acordaba a apertura de xuízo oral e o resto de decisións contempladas no artigo 783 da LACrim .

En concreto as impugnacións refírense á decisión de requirir a prestación de fianza que incluía aquel auto de apertura. Non se discuten a contía ou a correspondencia da fianza requirida cos escritos de acusación presentados senón que queda centrada a pretensión de impugnación común a ambas entidades en se procede ou non que sexan requiridas pois entenden, polos argumentos que expoñen con detalle, que non entrarían os feitos no ámbito da póliza de seguro que relacionan aos posíbeis responsábeis penais con elas.

O auto polo que se acordou a apertura de xuízo oral, e esas esixencias de fianza, establecía na súa parte dispositiva que contra o mesmo non cabía recurso algún salvo no referido á situación persoal " y a lo dispuesto en relación con las fianzas respecto de las que podrán interponer recurso de reforma en el plazo de tres días ". O auto de dous de xaneiro de dous mil dezaoito resolveu os recursos de reforma contra o auto de oito de setembro de dous mil dezasete presentados polas dúas entidades aseguradoras no sentido de desestimalos. Pero, previamente, resolve no mesmo auto diversos recursos contra a providencia de 11 de outubro de 2017 pola que se admitiron eses recursos de reforma. Neste punto manifesta que procede desestimar as queixas pola admisión dos recursos de reforma proclamando " al ser ya unánime la doctrina jurisprudencial en el sentido de que en relación con dicha resolución [a contemplada no artigo 783 da LACrim ] y a parte de la expresa mención legal de la posibilidad de recurso contra en relación con la situación personal del acusado asímismo debe admitirse el recurso en relación con la fianza para el aseguramiento de responsabilidades civiles establecida en dicha resolución ".

Pese á unanimidade xurisprudencial que proclama o auto impugnado, resulta obrigado valorar se realmente cabe recurso contra esa decisión.

O artigo 783 da Lei de Axuizamento Criminal establece no seu punto terceiro o seguinte:

" Contra el auto que acuerde la apertura del juicio oral no se dará recurso alguno, excepto en lo relativo a la situación personal, pudiendo el acusado reproducir ante el órgano de enjuiciamiento las peticiones no atendidas .".

Nunha interpretación literal do precepto a regra parece clara en canto ao suposto de feito e ás consecuencias previstas legalmente. En primeiro lugar a referencia que realiza o punto 3º do artigo 783 reproducido é diáfano en canto é o auto que se regula nese precepto o que queda excluído da posibilidade de recurso. O artigo non exclúe desa posibilidade de recurso só a concreta decisión de apertura de xuízo oral senón todo contido dese auto. Tan é así, que o mesmo artigo ten que excluír expresamente un dos contidos do auto desa previsión. E o que exclúe é o referido á situación persoal. Se resulta preciso expresar esa excepción é dado que, de non existir, tamén a decisión relativa á situación persoal quedaría excluída da posibilidade de recurso. Polo tanto, se a dicción do artigo afirma que o que non é susceptíbel de recurso é o auto e só queda excluído o relativo á situación persoal, parece que se debe entender que todo o resto de contidos propios do auto tampouco poden ser obxecto de impugnación por vía de recurso.

En ocasións afírmase que o contido propio do...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
9 sentencias
  • AAP Pontevedra 70/2022, 11 de Febrero de 2022
    • España
    • 11 Febrero 2022
    ...a todo o anterior, tivemos coñecemento doutros pronunciamentos, como o AAP de Pontevedra, Penal, Sección 5ª, do 16 de maio de 2018 (ROJ: AAP PO 582/2018 - ECLI:ES:APPO:2018:582 A), que opta por entender que o auto en que se acorda a apertura de xuízo oral e, ademais, requirir para a prestac......
  • AAP Pontevedra 103/2023, 21 de Febrero de 2023
    • España
    • 21 Febrero 2023
    ...a todo o anterior, tivemos coñecemento doutros pronunciamentos, como o AAP de Pontevedra, Penal, Sección 5ª, do 16 de maio de 2018 (ROJ: AAP PO 582/2018 - ECLI:ES:APPO:2018:582 A), que opta por entender que o auto en que se acorda a apertura de xuízo oral e, ademais, requirir para a prestac......
  • AAP Pontevedra 398/2019, 28 de Mayo de 2019
    • España
    • 28 Mayo 2019
    ...a todo o anterior, tivemos coñecemento doutros pronunciamentos, como o AAP de Pontevedra, Penal, Sección 5ª, do 16 de maio de 2018 (ROJ: AAP PO 582/2018 - ECLI:ES:APPO:2018:582 A), que opta por entender que o auto en que se acorda a apertura de xuízo oral e, ademais, requirir para a prestac......
  • AAP Sevilla 47/2023, 9 de Enero de 2023
    • España
    • 9 Enero 2023
    ...auto dictado por la sección 5ª de la Audiencia Provincial de Vigo, nº de recurso 108/2018, nº de resolución 222/2018, de 16 de mayo (Roj: AAP PO 582/2018 - ECLI:ES:APPO:2018:582A; ponente Sr. Varela Castejón). Tras entablar diálogo con el citado auto de la sección 2ª de la Audiencia Provinc......
  • Solicita tu prueba para ver los resultados completos

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR