SAP Pontevedra 46/2006, 7 de Marzo de 2006

PonenteJOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
ECLIES:APPO:2006:437
Número de Recurso46/2006
Número de Resolución46/2006
Fecha de Resolución 7 de Marzo de 2006
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 2ª

JOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00046/2006

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Sección núm. 002

Rolo: 0000046 /2006 M.J.

Órgano de procedencia: JDO.1A.INST.E INSTRUCCION N.2 de PONTEAREAS

Procedemento de orixe: JUICIO DE FALTAS nº 0000198 /2005

A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra, composta en tribunal unipersoal polo

maxistrado DON JOSE JUAN BARREIRO PRADO, pronunciou,

NO NOME DO REI

a seguinte

SENTENZA NÚM. 46

Pontevedra, Sete Marzo de dous mil seis.

No presente rolo de apelación número 46/06 dimanante dos autos de xuízo de faltas número 198/05, procedentes do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución núm. Dous de Ponteareas , por

lesions, son partes: como apelante DON Carlos María Y DON David, e como apelado DON Rubén , e o Ministerio Fiscal.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Con data do 28 Noviembre de 2005 , o maxistrado xuíz do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución núm. , ditou sentenza nos autos orixinais do que o presente rolo dimana. Os feitos probados da sentenza din literalmente: "Quedó probado que el día veintiuno de septiembre de dos mil cuatro, en medio de una manifestación de los trabajadores de Avigan, el denunciado Carlos María que intentaba pasar por el medio de la manifestación agarró por el cuello a Rubén, quien le intentaba tranquilizar. Rubén sufrió lesiones consistentes en: contusión frontoparietal izquierda, contusión en codo y antebrazo Izquierdo, necesitando diez días para currar de las mismas no siendo impeditivo ninguno de ellos.

SEGUNDO

O xulgado ditou a sentenza que contén a seguinte parte dispositiva:

"FALLO: Que debo condenar y condeno a D. Carlos María como autor responsable de una falta de lesiones del art. 617.1 del C.P . a la pena de multa de un mes a razón de 3 euros día. CON RESPONSABILIDAD PERSONAL SUBSIDIARIA DE UN DÍA DE PRIVACIÓN DE LIBERTAD EN CASO DE DOS CUOTAS DIARIAS NO SATISFECHAS Y A INDEMNIZAR A d. Rubén en la cantidad de 280,00 euros más al pago de la ½ de las costas procesales, con imposición de la otra ½ de oficio.-Que debo absolver y absuelvo a D. Rubén de la falta de daños que se le imputaba.¨

TERCEIRO

Notificada a mencionada sentenza ás partes, don Carlos María y Don David interpuxo o recurso de apelación, que foi admitido e tramitado de conformidade co disposto no artigo 795.4 da Lei de axuizamento criminal. Achegadas as actuacións a esta Audiencia, pasaron ó maxistrado relator para ditar resolución.

Acéptanse e danse por reproducidos os feitos probados da sentenza contra a que se recorre.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

PRIMEIRO

Recorren a sentenza da instancia Carlos María e David. O primeiro, na procura da súa absolución da falta de lesións do artigo 617.1 do Código Penal pola que foi condenado na instancia, asemade que, a condena de Rubén como autor dunha falta de danos do artigo 625.1 do Código Penal , e como tamén autor dunha falta de maltrato do artigo 617.2 do Código Penal , ás penas e responsabilidades que especifica; mentres que o segundo, amósase interesado na percepción da indemnización na que foron avaliados os danos padecidos polo seu vehículo (512,66 euros) que, na ocasión, co seu permiso conducía o primeiro.

SEGUNDO

Cómpre deixar constancia de que no recurso de apelación así formulado no que, lémbrese, que non só se pide a absolución por unha condena senón dúas novas condenas nesta alzada, só se interesa a celebración da vista para a resolución da impugnación e, ren máis; isto é, que a vista se solicitaba para a reiteración in voce da argumentación inserida no propio recurso de apelación, mais non para a práctica dos medios probatorios (por ningures instados) que, segundo os apelantes, inexorablemente conlevarían a revogación da sentenza da instancia. Así as cousas, con múltiples resolucións anteriores debemos dicir:

Unha das últimas sentenzas do Tribunal Constitucional que se teñen publicado (a STC 208/2005, do 18 de xullo , ratificada pola...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
2 sentencias
  • SAP Pontevedra 38/2010, 2 de Marzo de 2010
    • España
    • 2 Marzo 2010
    ...vista oral a falta do requisito de procedibilidade que supoñía a denuncia formulada pola nai cando a filla xa era maior de idade -SAP de Pontevedra 46/2006, do 10 de abril, e a SAP Sevilla 217/2009, do 9 de marzo-, son as que determinan que se deba revogar a condena da instancia pola falla ......
  • SAP Pontevedra 257/2014, 5 de Noviembre de 2014
    • España
    • 5 Noviembre 2014
    ...vista oral a falta do requisito de procedibilidade que supoñía a denuncia formulada pola nai cando a filla xa era maior de idade - SAP de Pontevedra 46/2006, do 10 de abril, e a SAP de Sevilla 217/2009, do 9 de marzo - son as que determinan que se deba revogar a condena da instancia pola fa......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR