SAP Pontevedra 110/2006, 24 de Mayo de 2006

PonenteLUCIANO VARELA CASTRO
ECLIES:APPO:2006:1320
Número de Recurso80/2006
Número de Resolución110/2006
Fecha de Resolución24 de Mayo de 2006
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 2ª

LUCIANO VARELA CASTRO

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00110/2006

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Sección núm. 002

Rolo: 0000080 /2006 JV

Órgano de procedencia: JDO.1A.INST.E INSTRUCCION N.2 de LALIN

Procedemento de orixe: JUICIO DE FALTAS nº 0000406 /2004

A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra, composta en tribunal unipersoal polo

maxistrado don Luciano Varela Castro, pronunciou,

NO NOME DO REI

a seguinte

SENTENZA NÚM. 110

Pontevedra, vinte e catro de dous mil seis

No presente rolo de apelación número 80/06 dimanante dos autos de xuízo de faltas número 406/04, procedentes do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución núm. 2 de LALÍN , por lesións

imprudentes, son partes: como apelantes Francisco, Marcos, Jose Augusto, Trinidad e a MUTUA MADRILEÑA AUTOMOVILISTA, sendo parte no procedimento como

denunciado Braulio e como responsable civil directo MAPFRE.

ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

Con data do 12 de setembro de 2005, o maxistrado xuíz do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución núm. 2 de Lalín, ditou sentenza nos autos orixinais do que o presente rolo dimana. Os feitos probados da sentenza din literalmente:

"Que o día 26 de novembro de 2001, aproximadamente ás 15:55 horas, circula o denunciante sr. Santiago, no seu vehículo-turismo, marca R-11, matrícula W-....-EK, pola carretera N-640 (Vegadeo-Vilagarcía), Km., 151,300, localidade de Agolada, partido judicial de Lalín, e viaxando como ocupanete no mesmo vehículo no asento dianteiro ó lado do conductor a sra. María Antonieta, cando circulando polo seu carril dirección Vilagarcía, é colisionado co vehículo turismo marca BMW modelo 320, matrícula W-....-WZ, conducido polo denunciado sr. Braulio, que circula en sentido Vegadeo, a vegadeo inadecuada ás circunstancias da vía, pois trátase dun tramo de vía curvo, ca calzada húmeda, que provoca que perda o control do vehículo, e invada o carril de circulación contrario colisionando co vehículo do denunciante, ó que hai que unir o mal estado dos neumáticos do vehículo BMW, que impiden a adherencia dos mesmos á calzada.

O vehículo turismo Renault 11, W-....-EK, está asegurado na entidade aseguradora Mapfre aseguradora, na data do accidente, e o turismo BMW, W-....-WZ, na entidade aseguradora Mutua Madrileña.

Como consecuencia do accidente resulta falecida, a ocupante do vehículo Renault 11, e esposa do coneductor aquí denunciante Don. Santiago, ca idade de 43 anos, existindo un fillo menor de idade, así como sobreviven a esta falecida os seus pais, Sr. Jose Augusto, e sra. Trinidad; así como resultando ferido grave, o denunciante sr. Marcos, de 47 anos de idade na data do accidente, conductor do vehículo Renault 11, sufre lesións para as que precisa tratamento médico e quirúrgico posterior e das que tarda en curar, 171 días, dos cales 42 son de hospitalización, 171 impeditivos, quedando como secuelas as seguintes: 1. rigidez en extensión dedos do pe (2º ó 5º), valorada en 1 punto para cada dedo; 2. insuficiencia vascular venosa-edema, sen varices (mínimo-medio), valorada en 5 puntos; 3. síndrome postconmocional, alto, valorado en 14 puntos; 4. perxuicio estético moderado-alto valorado en 6 puntos por cada cicatriz en ambos xeonllos; 5. síndrome depresivo postraumático, valorado en 8 puntos; 6. e hombro doloroso valorado en 5 puntos; tendo en conta que o lesionado trabilla nese momento, así como realiza gastos médicos, farmacéuticos, de taxi, e similares como consecuencia das lesións sufridas que ascenden á cantidade de 595,41 euros, engadindo gastos de cirugía plástica na cantidade de 8.800 euros, así como que o denunciante e por motivo das varices que sofre como consecuencia do accidente, precisa con data de 8 de abril de 2005, intervención médica, non podendo realizar a súa actividade habitual suponiendo un lucro cesante con respecto ó seu salario de 899,92 euros.

Con data de 13 de febreiro, 14 de maio, e 30 de decembro de 2002, a entidade MUTUA madrileña, consigna a favor do lesionado Don. Santiago a cantidade total de 39.492,14 euros, con ofrecemento de pago, declarados como insuficientes por auto de data de 12 de maio de 2003 , completando a cantidade indicada por ese auto en cuantía de 27.416,67 euros, con data de 9.6.2003, pero sen ofrecer de pago esta última cuantía".

Segundo

O xulgado ditou a sentenza que contén a seguinte parte dispositiva:

"DEBO CONDENAR E CONDENO a D. Braulio, como autor duas faltas do art. 621.2 e 621.e do c. penal , de imprudencia co resultado de morte e con resultado de lesións respectivamente, das que viñan denunciado, a unha pena de multa de 30 días a razón de 6 euros por día a un total de 180 euros, para cada unha delas, para o que se tivo en conta o disposto no art. 50 do c. penal , que serán abonados dunha soa vez neste xulgado. De igual modo e conforme o art 53 do c. penal o impago da pena de multa levará consigo unha pena de responsabilidade personal subsidiaria de un día de privación de libertad por cada duas cuotas de multa impagadas.

De igual modo o condenado responde solidariamente xunto ca entidade Mutua Madrileña aseguradora, do pago ós perjudicados das seguintes cantidades e polos seguintes conceptos:

  1. Por falecemento de Dona María Antonieta de 43 anos de idade, casada e cun fillo menor de idade, e tendo en conta a aplicación do baremo da data do accidente, ano 2001, e en aplicación da tabla I, un total que inclue danos morales, á cantidade de 82.381,75 euros para o esposo Don. Santiago, así como a cantidade de 34.325,73 euros, polo falecemento, para o fillo menor de idade, e para cada un dos pais da víctima sr. Jose Augusto e sra. Trinidad, á cantidade de 6.865,14 euros, para cada un deles; do mesmo xeito e con respecto ós perxuizos económicos, derivados polo falecemento a unha cantidade de 10% de factor de correción. En relación á cantidade de gastos de entierro e funeral, da falecida, á cantidade 3.023,82 euros acreditados de gasto, na medida en que resulta difícil establecer neste caso o que sexa de corrente aplicación e como sexa considerado como suntuario, pero non se acolle a petición de 362,53 euros pola lápida interesada polo denunciante, na medida de que este gasto non resulta imprescindible e non debe ser asumido pola aseguradora, cantidades estas últimas a abonar ó Don. Santiago.

  2. Relación o lesionado Don. Santiago, que precisa para a súa curación un total de 171 días, e como consecuencia e por aplicación do baremo da data do accidente de 2001, na medida de que a depreciación que se poida derivar dende a data do accidente ata o pago está corregida pola aplicación dos xuros que correspondan, correspondenlle as seguintes cantidades: por 42 días de hospitalización á cantidade de 51,45 euros por día, a un total de 2.160,9 euros, por 129 días impeditivos a razón de 41,81 euros, a un total de 5.393,49 euros, sen que se teña en conta ós días solicitados como de sanidade polo denunciante, na medida que o médico forense sr. Eusebio, tal e como consta no momento do xuízo ratifícase no seu informe de sanidade de data de 18 de outubro do 2002, e débese distinguir entre os días necesarios para a sanidade do lesionado, en donde se considera polo facultativo, que están estabilizadas as lesións, que non son outros que os días aquí indemnizados conforme parte de sanidade, e por otru lado, están os días que puido estar de baixa laboral pero por motivos distintos xa sexa por secuelas ou similares que son indemnizados como unha partida distinta, pero non poden incluirse como días necesarios para a cuaración, para a sanidade, entendida como estabilización das lesións, únicos que deben estar comprendidos na indemnización. Así correspóndelle por secuelas o seguinte: 1.- por secuela de rixidez en extensión do 2º, ó 5º dedo, a razón dun punto para cada dedo, 2.- por secuela de insuficiencia vascular venosa-edema, sin varices, grado mínimo medio, valorada en 5 puntos, 3.- por secuela, de síndrome postconmocional en grado alto, a razón de 14 puntos, de valoración; 4.- por secuela de 6 puntos por perxuízo estético, de cicatrices frontales, de 13 e 4 cm., así como 6 puntos, por cicatriz nos dous xeonllos, a un total de 59.354,42 euros. De igual modo e na medida do demostrado no momento do xuízo, o lesionado sufre como secuela un síndrome depresivo postraumático, valorado en 8 puntos, tendo en contra que debe ser considerado como distinto do síndrome postconmocional, a razón de 592,09 euros por punto, a un total de 4.736,72 euros; así como a indemnización da secuela consistente en hombro doloroso valorada en 5 puntos, a razón de 564,65 euros por punto a un total de 2823,25 euros, a todas estas cantidades, debese aplicar o factor de corrección de 16% por ingresos superiores ós 20.000 euros anuais (tabla IV), sen que se aplique a tabla V-B, na medida en que non se aprecia incapacidade temporal. Así como non se debe indemnizar a cantidade de indemnización por días de baixa, na medida en que esta continxencia aínda que como consecuencia do accidente, está indemnizada no ámbito da actividade laboral; Sen embargo sí é indemnizable a cuantía de 8.800 euros como cirugía plástica, na medida de que se realiza esta intervención a raiz do accidente, así como a de lucro cesante na cantidade de 899,92 euros, na medida en que os días necesarios para intervención médica deixou de gañar esa cantidade non cuberta por outro medio indemnizatorio. Debendo ser incluídas...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR