SAP Pontevedra 14/2014, 10 de Enero de 2014

PonenteJUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO
ECLIES:APPO:2014:29
Número de Recurso623/2012
ProcedimientoCIVIL
Número de Resolución14/2014
Fecha de Resolución10 de Enero de 2014
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 6ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00014/2014

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6 de PONTEVEDRA

N01250

C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO

-Tfno.: 986817388-986817389 Fax: 986817387

N.I.G. 36057 42 1 2011 0014822

ROLLO: RECURSO DE APELACION (LECN) 0000623 /2012 B

Juzgado de procedencia: XDO. PRIMEIRA INSTANCIA N. 14 de VIGO

Procedimiento de origen: PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0000830 /2011

Apelante: CURTIDOS BLANCO SA

Procurador: ANDRES GALLEGO MARTIN-ESPERANZA

Abogado: CARLOS MANUEL TERCEIRO LOMBA

Apelado: GRAN VIA-URZAIZ SL

Procurador: Mª PAZ BARRERAS VAZQUEZ

Abogado: MARIA SPOTTORNO DE ZULUAGA

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados, D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, D. Julio Picatoste Bobillo e D. Eugenio Francisco Míguez Tabarés, pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

SENTENZA Nº 14/14

Vigo, dez de xaneiro de dous mil catorce.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Ordinario 830/11 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 14 de Vigo ós que correspondeu o rolo 623/12, nos que aparece como parte apelante e demandado-impugnado CURTIDOS BLANCO S.A., representada polo/a procurador/a D./D.ª ANDRÉS GALLEGO MARTÍN-ESPERANZA e asistida do/da letrado/a D./D.ª CARLOS M. TERCEIRO LOMBA, e como parte contra da que se apela e demandante- impugnante GRAN VIA - URZAIZ, S.L., representada polo/a procurador/a D./D.ª PAZ BARRERAS VÁZQUEZ e asistida do/da letrado/a D./D.ª MARÍA SPOTTORNO DE ZULUAGA .

É o maxistrado relator D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, quen expresa o parecer da Sala.

  1. ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 14 de Vigo, con data do 29 de marzo de 2012, ditou unha

sentenza coa seguinte parte dispositiva:

"Estimar, su pretensión subsidiaria, la demanda interpuesta por Gran Vía Urzáiz S.L, frente A Curtidos Blanco S.A, declarando que la duración máxima que la arrendataria puede imponer al arrendador del contrato de arrendamiento del local comercial Bajo Centro y la oficina número 10 del entresuelo, calle Urzáiz 48 (esquina Gran Vía 2), Vigo, de fecha 25 de septiembre de 1985 (con efectos administrativo de 1 de octubre de 1985) es decir, hasta el 25 de septiembre de 2015 con efectos administrativos del 1 de octubre de 2015).

Cada parte abonará las costas causadas a su instancia y la mitad de las comunes."

Segundo

Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª ANDRÉS GALLEGO MARTÍN-ESPERANZA, en representación de CURTIDOS BLANCO S.A., presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC). A representación procesual de GRAN VIA - URZAIZ S.L. impugnou a sentenza.

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 9 de xaneiro de 2014.

Terceiro

Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.

  1. FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

En virtude de documento privado de data 25 de setembro de 1985 a parte actora arrenda

á sociedade demandada un local de negocio, contrato de arrendamento no que na súa cláusula terceira se di literalmente que "o prazo de duración do presente contrato de aluguer é dun ano, prorrogable na forma prevista no artigo 57 da Lei de Arrendamentos Urbáns, non sendo de aplicación, polo tanto, o disposto no artigo 9 do R/D Lei de data 30 de abril de 1985, nin calesquera outra disposición legal, que limite o dereito de prórroga do arrendatario". Pois ben, a parte arrendadora solicita na súa demanda, de xeito principal, que se declare a extinción do contrato de arreendamento por expiración do prazo contractual o día 1 de outubro de 2011, dada a nulidade da cláusula transcrita, e subsidiariamente, que se declare que a duración máxima de referido sería a de trinta anos, é dicir, ata o día 15 de setembro de 2015. A sentenza de primeira instancia desestima a primeira das peticións e acolle a segunda. E malia que ambas partes litigantes impugnan esa resolución, por puras razóns sistemátticas examinamos, en primeiro termo, o recurso da parte demandada, a que ven defender, en definitiva, que aquela cláusula, cuxa validez resulta incuestionable, recolle un sistema de prórroga forzosa e indefinida, a vontade da arrendataria, que impide a extinción do contrato, pretendida pola arrendadora.

Segundo

A cuestión aparece resolta pola doutrina xurisprudencial, non senso de que nin a prórroga forzosa nin o instituto da tácita reconducción poden conducir a un contrato de arrendamento absolutamente indefinido ou sen ningunha limitación temporal, pois -ademáis de que podíase estar vulnerar o postulado do artigo 1256 do código civil, que prohibe deixar a validez e o cumprimento dos contratos ao arbitrio dun dos contratantes-, a temporalidade é unha nota esencial deste contrato, ex artigo 1543 do mesmo código ("tempo determinado", di o precepto), ao que non obsta que o lexislador de cada momento poida acordar, coxunturalmente, por puras razóns de política lexislativa, e en aras da protección do arrendatario, o establecimento dun sistema de prórroga forzosa do arrendamento, o que, reiteramos, non autoriza, porén, a que as partes conveñan un arrendamento intemporal ou de por vida.

En efecto, a sentenza do pleno do Tribunal Supremo, de 9 de setembro de 2009, baixo o expresivo rótulo de "a duración como elemento esencial dlos contratos de arrendamento", fai as seguintes declaracións de interese: A) Que "si bien tal definición -a do artigo 1543) está referida a todos los arrendamientos -incluidos los urbanos regidos por ley especial- dicha legislación específica mantuvo desde el año 1920 la existencia de un derecho de prórroga forzosa a favor del arrendatario sobre la duración inicialmente pactada, que primero se plasmó en el artículo 57 de la Ley de Arrendamientos Urbanos, Texto Refundido de 24 de diciembre de 1964, con carácter irrenunciable, y posteriormente fue dejada a voluntad de las partes en el artículo 9 del Real Decreto...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • ATS, 2 de Diciembre de 2014
    • España
    • December 2, 2014
    ...la sentencia dictada con fecha 10 de enero de 2014, por la Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección 6ª), en el rollo de apelación nº 623/2012 , dimanante del procedimiento de juicio ordinario nº 830/2011 del Juzgado de Primera Instancia nº 14 de - Mediante diligencia de ordenación de feb......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR