SAP Pontevedra 511/2007, 27 de Septiembre de 2007

PonenteJUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO
ECLIES:APPO:2007:2871
Número de Recurso3273/2006
ProcedimientoCIVIL
Número de Resolución511/2007
Fecha de Resolución27 de Septiembre de 2007
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 6ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00511/2007

AUDIENCIA PROVINCIAL

SECCIÓN SEXTA

SEDE EN VIGO

CIVIL

Rolo: 3273/06

Procedemento de orixe: ORDINARIO 1105/04

Órgano de procedencia: 1ª INSTANCIA Nº 8 DE VIGO

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos

maxistrados D. Jaime Carrera Ibarzábal, D. Juan Manuel Alfaya Ocampo e Dª Magdalena Fernández Soto pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

SENTENZA Nº 511

Vigo, vintesete de setembro de 2007

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os

autos do xuízo Ordinario 1105/04 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 8 de Vigo ós que

correspondeu o rolo 3273/06, nos que aparece como parte apelante-demandante D. Carlos María e D. Benjamín representada polo/a procurador/a D./D.ª

MARIA JESUS VALENCIA ULLOA e asistida do/da letrado/a D./D.ª MANUEL LAFUENTE PEREZ e

como parte contra da que se apela e demandado D. Oscar,

RECAMBIOS OCHOA SL.L e AXA AURORA IBERICA representada polo/a procurador/a D./D.ª

RICARDO ESTEVEZ CERNADAS e asistida do/da letrado/a D./D.ª MANUEL SILVEIRA SOLLA. É

o maxistrado relator D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, quen expresa o parecer da Sala.

  1. ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 8 de Vigo de Vigo, con data do 24 de xaneiro de 2006, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:

Que debo desestimar y desestimo la demanda presentada por la Procuradora Dª María Jesús Valencia Ulloa, en nombre y representación de D. Carlos María y D. Benjamín ; contra D. Oscar, RECAMBIOS OCHOA S.L., AXA AURORA IBERICA, absolviendo a éstos de las pretensiones contenidas en el suplico de la demanda. En cuanto a las costas al desestimarse íntegramente la demanda procede la condena de la parte actora, de conformidad con lo dispuesto en el artículo 394.1 de la Ley de Enjuiciamiento Civil.

Segundo

Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª MARIA JESUS VALENCIA ULLOA, en representación de D./D.ª Carlos María, Benjamín, presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC ).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 20 de setembro de 2007.

Terceiro

Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.

  1. FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

Para unha correcta resolución da controversia faise preciso realizar unha advertencia previa, relativa ós postulados da carga da proba, en relación coa distinta posición, nos ámbitos material e procesual, ostentadas polos litigantes actores, un, o conductor do ciclomotor, e o outro, simple ocupante do mesmo, advertencia que non é outra que a de que, mentres que o primero ten que a creditar de maneira clara, precisa e cabal a culpa da parte demandada, o segundo, contrariamente, se ve exonerado dese onus pobandi por ser totalmente alleo á causalidade e culpabilidade do accidente e, en definitiva, pura víctima do mesmo. Diversidade que trae como consecuencia, que así como se a primeira parte demandante - conductor- non demostra a imprudencia causal do demandado, a sua pretensión resarcitoria non pode triunfar, tal rexeitamento non ten porque facerse necesariamente extensivo á pretensión do mero ocupante, o que, inversamente, deberá ser indemnizado, non só no suposto - claro é- de que se probe a culpa no sinistro do accionado senón, igualmente, cando e etioloxía culposa do mesmo permanza na incertidume, pois esta situación de incerteza favorece ó perxudicado, operando ao seu prol o fenómeno da inversión da carga da proba, con presunción de culpa dos conductores, aos que corresponderá entón destruir devandita presunción, xustificando a culpa exclusiva do...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR