SAP Pontevedra 466/1999, 9 de Diciembre de 1999

PonenteJOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
ECLIES:APPO:1999:3138
Número de Recurso323/1998
ProcedimientoCIVIL
Número de Resolución466/1999
Fecha de Resolución 9 de Diciembre de 1999
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 2ª

SENTENCIA N. 466

Pontevedra, o nove de decembro de mil novecentos noventa e nove.

0 recurso de apelación interposto fronte á sentencia dictada nos autos do xuízo núm.

0583/97, vindo do JDO. 1ª. INST. Nº 7 DE VIGO, foi movido entre as partes, dunha banda como

como apelante edemandado-reconviniente, VIPROGAL S.L. representado nesta instancia polo

procurador don LUIS VALDES ALBILLO baixo a (dirección do letrado don RICARDO MARTINEZ

BARROS e da outra como apelado-adheridos e demandantes Marí Luz ,

Esperanza , Jose Pablo , Rogelio , Leonardo , Gabriel , Cristobal , Alfredo , Juan Pedro , Luis Angel , Víctor , Estíbaliz , María Inés , Inés ,

Carlos Ramón , Y Antonia , a quenes

representa o procurador don JOSE PORTELA LEIROS e dirixe o letrado don ALBERTO J. VARELAGRANDAL Y CONDE, no xuízo MENOR CUANTIA sobre RENDICION DE CONTAS.

I.-ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Nos actos a que este rolo atinxe, na data 22 de outubro de 1998, o JDO. 1ª. INST. Nº. 7 DE VIGO, pronunciou sentencia , a resolución da cal, rigorosamente, dí: "Que estimando en parte la demanda interpuesta por Marí Luz , Esperanza , Jose Pablo , Rogelio , Leonardo , Gabriel , Cristobal , Alfredo , Juan Pedro , José , Luis Angel , Víctor , Estíbaliz , María Inés , Inés , Carlos Ramón , Antonia , Cristina Y Antonio , contra VIPROGAL S.L., debo condenar y condeno a esta última a rendir cuenta detallada y justificada de sus operaciones remuneradas de administración, gestión, ejecución y control de todo lo relacionado con la promoción realizada por cuenta de la DIRECCION000 , abonando, en su caso, el saldo que pudiera resultar a favor de los actores, que se determinará en fase de ejecución de sentencia, imponiendo a cada parte las costas causadas a su instancia y las comunes por mitad.

Desestimando la Reconvención planteada por VIPROGAL S.L., contra Marí Luz , Esperanza , Jose Pablo , Rogelio , Leonardo , Gabriel , Cristobal , Alfredo , Juan Pedro , José , Luis Angel , Víctor , Estíbaliz , María Inés , Inés , Carlos Ramón , Antonia , Cristina Y Antonio , debo absolver y absuelvo a estos últimos de la pretensión que contra ellos se plantea imponiendo el pago de las costas a la primera".

Fronte á devandita sentencia, a parte demandada-reconviniente interpuxo recurso de apelación e emprazadas que foron perante desta Audiencia, personáronse en tempo e forma ámbalas dúas partes e, logo de transcorrido o prazo dos artigos 705 e 707 da Lei de Axuizamento Civil, a parte apelada solicitou o recibimento dos autos a proba, e despois dos trámites oportunos, en data 8 de xaneiro de 1999 dictouse auto polo que se acordaba non haber lugar o recibimento a proba dos mesmos. A devandita resolución foi recorrida en súplica, e despois de darselle traslado ás contrarios, dictouse auto desestimatorio. Forónlle entregados os autos ó Maxistrado Relator polo termo de seis días e, fixado día e hora para a celebración da vista, déuselle traslado ás partes polo prazo legal de catro días, para instrucción de seus avogados defensores.

A vista de apelación tivo lugar o día 23 de Novembro de 1999 coa asistencia dos seus respectivos letrados.

SEGUNDO

Na tramitación desta instancia, cumprironse as prescricions e temos legais, sendo Relator o Maxistrado JOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO quen expresa o criterio da Sala.

II.-FUNDAMENTOS XURIDICOS

PRIMEIRO

Cando a sentencia recaída no presente procedemento lle foi notificada á demandada "VIPROGAL, S.A.", pola representación e defensa procesual desta formulouse recurso de apelación non só contra a mesma, senón tamén contra os autos de datas 24 de febreiro e 23 de marzo de 1998, tra-las oportunas protestas consignadas a tal efecto no seu tempo.

Como quera que o resolto por tales autos afectaba á nulidade de actuacións, e á inadecuación de procedemento, sendo ambos temas rexeitados na instancia, e reproducidos nesta alzada ó comezo da vista, cómpre comezar por analizar tales cuestións xa que, unha eventual estimación dalgunha delas daría ó traste con todo intento da análise do fondo do asunto en litixio.

SEGUNDO

Na demanda que no seu día presentaron os actores contra a entidade mercantil "VIPROGAL, S.L." referíase que esta tiña o seu domicilio social en Madrid, na rúa Barquillo, 20, instándose o emprazamento da mesma na persoa do procurador don José Antonio Fandifio Carnero, por ser este o que se personara no nome daquela na dilixencia preliminar sobre rendición de contas e entrega de documentos que precedera á instauración da presente contenda xudicial.

Por providencia do Xulgado a quo (folio 287) accedeuse a tal petición e, en consecuencia, acordouse o emprazamento da parte demandada na persoa do seu procurador Sr. Fandiño Carnero se ben, por este último non facerse cargo do emprazamento por non ter instruccións en tal sentido (folio 293), á Procuradora da parte actora foille entregado exhorto para o seu dilixenciamento na vila de Madrid, no enderezo que constituía o domicilio social da entidade demandada (folios 290, 291, e 294 á 296). E como este intento de emprazamento tamén resultou fallido, a parte actora propuxo a utilización do disposto no artigo 269 da Lei de Axuizamento Civil, (a o Xulgado a quo resolveu (folios 317 e 318) que "Viprogal, S.L." fose emprazada a medio de edictos. Mais antes da publicación destes últimos, a propia entidade "Viprogal, S.L." dirixiu escrito ó Xulgado a quo polo que amosaba a súa sorpresa pola existencia da demanda rectora de litis na súacontra alegando, a tal efecto, que de sobras lle constaba ós promoventes o enderezo do Sr avogado que defendía os intereses daquela mercantil, no que de xeito ben doado se podería ter...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • ATS, 22 de Octubre de 2002
    • España
    • 22 octobre 2002
    ...contra la sentencia dictada con fecha 9 de diciembre de 1999 por la Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Segunda), en el rollo nº 323/1998 dimanante de los autos nº 583/1997 del Juzgado de Primera Instancia nº. Siete de - Entregadas las actuaciones al Ministerio Fiscal, éste las ha d......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR