SAP Pontevedra 220/2001, 17 de Julio de 2001

PonenteJOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
ECLIES:APPO:2001:2092
Número de Recurso2049/2001
ProcedimientoCIVIL
Número de Resolución220/2001
Fecha de Resolución17 de Julio de 2001
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 2ª

SENTENCIA N° 220

En Pontevedra, dezasete de xullo de dous mil un.

No recurso de apelación interposto fronte á sentencia dictada nos autos do proceso civil numero 44/01, vindo do XDO. 1 INSTANCIA E INSTRUCCION NUM. 7 DE PONTEVEDRA, movido entre as partes, dunha banda como apelante e demandado AUTOPISTAS DEL ATLÁNTICO S.A., e da outra como apelado e demandante ALLIANZ RAS, e como apelado e demandado BANCO VITALICIO DE ESPAÑA S.A., no xuizo verbal civil, sobre cantidade.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Nos actos a que este rolo atinxe, na data 14 de marzo de 2001, o Xdo. 1 Inst e Instr núm. 7 de Pontevedra, pronunciou sentencia, a resolución da cal, rigorosamente di: "Que estimando parcialmente la demanda deducida por el procurador Sr. Vidal Rodríguez en la representación de ALLIANZ-RAS, condeno a la demandada AUTOPISTAS DEL ATLÁNTICO S.A. a abonar a la actora la suma de DOSCIENTAS TREINTA Y OCHO MIL CUATROCIENTAS CUARENTA PESETAS, absolviendo al propio tiempo a la entidad BANCO VITALICIO DE ESPAÑA S.A. de los pronunciamientos contra la misma formulados, con imposición de las costas devengadas a la demandada AUTOPISTAS DEL ATLÁNTICO, S.A. y soportando cada parte las causadas a su instancia respecto del llamamiento al proceso de BANCO VITALICIO DE ESPAÑA S.A."

Coa data 21 de marzo de 2001 dictouse auto de aclaración, a resolución da cal rigorosamente di: "Aclarar el encabezamiento de la sentencia dictada en las presentes actuaciones en el sentido de hacer constar que la representación procesal de la parte codemandada BANCO VITALICIO DE ESPAÑA S.A. es el procurador don Pedro López López y no el procurador don Pedro Sanjuán Fernández como por error sehizo figurar, manteniéndose íntegramente los restantes pronunciamiento de dicha resolución".

Fronte á devandita sentencia, a parte demandada AUTOPISTAS DEL ATLANTICO S.A. interpuxo recurso de apelación o amparo do artigo 455 e seguintes da LAC 1/2000 de 7 de xaneiro, formalizando oposición aparte apelada-demandante ALLIANZ RAS, remitindose as actuacións a esta Audiencia Provincial.

Conforme o artigo 465 da devandita LAC sinalouse o día 16 de xullo de 2001 para a deliberación, votación e Fallo do presente recurso.

SEGUNDO

Na tramitación desta instancia cumpríronse as prescripcións e termos legais. Foi relator o Ilmo sr. Maxistrado DON JOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO, quen expresa o criterio da Sala.

FUNDAMENTOS XURIDICOS

PRIMEIRO

Nun todo leva razón a sentencia que perante esta alzada se combate pola codemandada "Autopistas del Atlántico, S.A." a través dun recurso de apelación que, se profuso e ben traballado, len embargo, non logra desvirtuar ningún dos ben sólidos razoamentos xurídicos nos que aquela resolución xudicial se balea.

SEGUNDO

No atinxente á lexitimación activa da parte actora cómpre manifestar, coa sentencia apelada, que en nada afecta a aquela a falla de achegamento a autos da orixinal póliza de seguros ante a evidencia do aseguramento do vehículo a motor que sufriu o accidente de circulación pola compañía de seguros "Allianz Ras" que se colixe do extracto informático e máis do atestado confeccionado (folios 8 e 9 das actuacións), amais das declaracións da propia conductora daquel (dona...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • SAP Madrid 333/2011, 22 de Julio de 2011
    • España
    • 22 Julio 2011
    ...hacia los usuarios. De esta forma, es constante nuestra jurisprudencia en este sentido ( SSTS 05/05/1998, SAP Pontevedra 16/07/1998 y 17/07/2001 ). Esta parte no discute si las actividades relativas a Asistencia al Accidente y Reparación de daños han de darse o no. De hecho, es obvio que se......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR