AAP Pontevedra 279/2009, 29 de Diciembre de 2009

PonenteJUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO
ECLIES:APPO:2009:1577A
Número de Recurso4317/2008
ProcedimientoCIVIL
Número de Resolución279/2009
Fecha de Resolución29 de Diciembre de 2009
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 6ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

AUTO: 00279/2009

Domicilio : C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO

Telf : 986817388-986817389

Fax : 986817387

N.I.G.: 36038 37 1 2008 0601068

ROLLO : RECURSO DE APELACION (LECN) 0004317 /2008

Juzgado procedencia : JDO. PRIMERA INSTANCIA N. 6 de VIGO

Procedimiento de origen : EJECUCION DE TITULOS NO JUDICIALES 0000463 /2008

RECURRENTE : Celia, Roman

Procurador/a : ALBERTO VIDAL RUIBAL, ALBERTO VIDAL RUIBAL

Letrado/a : RAQUEL GARIN SILVA,

RECURRIDO/A : BANCO BILBAO VIZCAYA ARGENTARIA,S.A.

Procurador/a : JESUS GONZALEZ-PUELLES CASAL

Letrado/a : MIGUEL A. FERRERAS DIEZ

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados Ilmo/s. Sr/es.

Magistrado/s: D. Jaime Carrera Ibarzábal, D. Juan Manuel Alfaya Ocampo e D.ª Magdalena Fernández Soto, pronunciou

NO NOME DO REI

o seguinte

AUTO Nº 279/09 En Vigo a vinte e nove de decembro de dous mil nove.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do Execución Titulos non Xudiciais 463/08, procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 6 de Vigo, ós que correspondeu o rolo 4317/08, nos que aparece como parte apelante demandados Dª Celia e D. Roman, representada polo/a procurador/a D./D.ª ALBERTO VIDAL RUIBAL e asistida do/da letrado/a D./D.ª RAQUEL GARÍN SILVA, e como parte contra a que se apela e demandante BANCO BILBAO VIZCAYA ARGENTARIA S.A., representada polo/a procurador/a D./D.ª JESÚS GONZÁLEZ-PUELLES CASAL e asistida polo/a letrado/a D./D.ª MIGUEL ANGEL FERRERAS DÍEZ.

É o maxistrado relator D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, quen expresa o parecer da Sala.

  1. ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

O Xulgado de 1ª Instancia Núm. 6 de Vigo, con data do 11 de setembro de 2008, ditou un auto coa seguinte parte dispositiva:

"Que desestimando la oposición a la ejecución promovida pro el Procurador de los Tribunales Sr. Vidal Ruibal en la representación acreditada en autos de Dña. Celia y D. Roman debo acordar ya cuerdo seguir adelante la ejecución promovida por la Procuradora Sra. Carmen Fandiño en la representación de BBVA hasta la total satisfacción de la cantidad por la que se ha despachado, con imposición de las costas de éste incidente a la parte ejecutado."

Segundo

Contra o dito auto, o/a procurador/a D./D.ª Alberto Vidal Ruibal, en representación de D./D.ª Celia e D. Roman, presentou un recurso de apelación que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC ).

Terceiro

Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.

  1. FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

A parte executada recorre o auto ditado en primeira instancia, ordeando seguir adiante coa excecuión inicialmente despachada, invocando como causas de oposición, primeiramente, o pagamento parcial do préstamo, e en segundo lugar, a nulidade da cláusula relativa aos xuros moratorios, por abusiva.

A primeira causa de oposición, formulada a cabalo entre as excepcións de pluspetición e pagamento, non pode ser acollida por indemostrada, pois sendo certo que os hoxe recorrentes fixeron os tres pagamentos que alegan, non é menos verdade que os mesmos refírense á débedas alleas á litixiosa, a que procede do préstamo formalizado na póliza de data 8 de xuño de2.007, tal como colíxese, dunha parte, dos propios documentos ou boletas bancarios aportados pola parte executada, nos que figuran uns números de conta nos que se ingresan as sumas respectivas, distintos do número de conta NUM000, na que, de conformidade co teor literal da propia póliza, tanto "se entrega por aboamento" nesa conta "o capital prestado", como "se domicilian as cuotas" (folio 20 volto); e doutra, dos xustificantes bancarios traídos á causa pola executante, expresivos por igual das outras obrigas e, en fin, das outras contas bancarias nas que se ingresan aquelas cantidades (folios 129 e seguintes).

Segundo

A cuestión litixiosa queda entón agora circunscrita a se os xuros de demora pactados na póliza de "Préstamo Negocios" de data 8 de xuño de 2007 son abusivos ou non. E para resolver sobre ela son de utilidade as reflexións de orde xurídica que pasamos expoñer, e xa realizadas en resolucións anteriores desta Sala.

Primeiramente, non ofrece dúbida a diferenza existente sobre o concepto, natureza e finalidade dos dous tipos de xuros, remuneratorios e moratorios, diferenza que ten que levar conseguintemente a que tamén sexa diversa a sua regulación normativa. Debemos entón partir forzosamente, para centrar debidamente a controversia, da distinción entre os xuros remuneratorios dos préstamos, e os xuros de demora por incumprimento da obriga de pagamento dos prazos pactados ( ss. do T. S. de datas 19-5-95 e 15-11-2.000 ). Con respecto a estes segundos se debe ter en conta que veñen constituir unha cláusula penal típica, accesoria ao contrato de préstamo, tratándose de pactos con finalidade disuasoria do incumprimento e, á vez, de liquidación anticipada dos danos e prexuizos, en principio lexítimos e eficaces ao abeiro dos artºs. 1.152 e 1.255 do C. C .. Os xuros moratorios, fronte aos retributivos, teñen, en definitiva, unha natureza máis propiamente sancionatoria ou penal, no senso sinalado pola sentenza do T. S. de data 2-20-2.001, ao proclamar que «los intereses de demora no tienen la naturaleza jurídica de intereses reales, sino que se califican como de sanción o pena con el objetivo de indemnizar los perjuicios causados por el retraso del deudor en el cumplimiento de sus obligaciones». Pois ben, a diferenza conceptual entres os xuros remuneratorios e moratorios conduce a unha maior marxe de discrecionalidade na cuantificación destes segundos. Ou se se prefire, é lóxico que a cláusula moratoria sexa máis onerosa ou que se estableza nela un tipo de xuros máis elevado

En segundo termo, non pode ofrecer tampouco dúbida a lexitimidade en noso dereito do pacto de anatocismo, de conformidade co postulado xeral de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 artículos doctrinales
  • Comentario del Auto del Tribunal Supremo de 5 de enero de 2010
    • España
    • Comentarios a las Sentencias de unificación de doctrina (Civil y Mercantil). Volumen 4.o (2010)
    • 1 Enero 2011
    ...AAP M 12311/2008), Sevilla 14-4-2009 (ROJ: AAP SE 1348/2009), Barcelona 28-5-2009 (ROJ: AAP B 6546/ 2009), Pontevedra, 29-12-2009 (ROJ: AAP PO 1577/2009), Tenerife, de 2-12-209 (ROJ: AAP TF 4848/2009), y Valencia 13-1-2010 (ROJ: AAP V Page 53 En efecto, no tiene sentido la facilidad con la ......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR