AAP Pontevedra 38/2009, 9 de Febrero de 2009

PonenteJOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
ECLIES:APPO:2009:356A
Número de Recurso36/2009
ProcedimientoAPELACION AUTOS
Número de Resolución38/2009
Fecha de Resolución 9 de Febrero de 2009
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 2ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

AUTO: 00038/2009

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Sección nº 002

Rolo: 0000036 /2009 J

Procedencia: JDO.1A.INST.E INSTRUCCION N.1 de VILLAGARCIA DE AROSA Proc. de orixe: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO n? 0000362 /2006 ILMOS/AS SRS/AS MAXISTRADOS/AS

D. Juan Ramón Barreiro Prado, Presidente

Dª Mª Mercedes Pérez Martín Esperanza

Dª Rosario Cimadevila Cea

A U T O Nº 38

Pontevedra, nove de febreiro de dous mil nove

FEITOS

Primeiro

Na causa arriba mencionada o Xulgado de Instrución núm. 1 de Vilagarcía ditou un auto con data do 19 de novembro de 2007, no que se acordaba o sobresemento provicional e o arquivo da causa.

Segundo

Contra o dito auto a procuradora Margarita Pereira Rodríguez, na representación de ALFOGAR S.L, e a procuradora Gardenia Montenegro Faro, na representación de Alejandro, formularon recursos de reforma, que foron admtidos e tramitados conforme á LACr, ditándose auto do 28 de xaneiro de 2008, que os desestimaba. Notificada amentada resolución formularon ditas partes recurso de apelación, remitíndose as actuacións a este Tribunal para resolver.

Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don Juan Ramón Barreiro Prado. RAZOAMENTOS XURÍDICOS Único.- Con distintos apelados, mais coa intervención dos mesmos agora recorrentes en apelación Alejandro e a entidade Alfogar, S.L., xa este Tribunal tivo ocasión de resolver anteriores impugnacións destes últimos nuns supostos que gardan notoria similitude co que agora nos ocupa. Resulta así obrigada a remisión aos nosos anteriores autos do 30 de xuño, 24 de setembro, e 9 de decembro de 2008, e debemos ter aquí por reproducidas as consideracións fácticas e xurídicas que daquela se reflectiron.

Con concreta referencia ás entidades Talleres Castelo, S.L., Cogama, S.L., e Conservas Dardo, S.L., así como aos agora apelados Manuel Castelo Bayón (representante legal da primeira entidade), Manuel Castelo Abuín (representante legal da segunda), e Constante Otero Oubiña e María Dolores Otero Iglesias (representantes legais da terceira), debemos concluír que só consta a utilización por parte de Conservas Dardo, S.L. dunha maquinaria sen a constancia de que soubese que esta fóra fabricada con violación dos dereitos dos titulares da propiedade industrial, como así se reflicte no auto da instancia do 19 de novembro de 2007, logo ratificado polo posterior do 23 de xaneiro de 2008, polo que se...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • SAP A Coruña 378/2014, 27 de Noviembre de 2014
    • España
    • 27 novembre 2014
    ...proceso es también valorable, y el fracaso de la misma un hecho en contra de la tesis del actor. Incluso en el auto de la Audiencia Provincial de Pontevedra de 9/2/2009, confirmatorio de tal sobreseimiento, se consideró no acreditado que COGAMA hubiese vendido a la demandada otras máquinas ......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR