SAP Pontevedra 274/2008, 16 de Mayo de 2008

PonenteJUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO
ECLIES:APPO:2008:1872
Número de Recurso3007/2007
ProcedimientoCIVIL
Número de Resolución274/2008
Fecha de Resolución16 de Mayo de 2008
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 6ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00274/2008

CIVIL

Rolo: 3007/07

Procedemento de orixe: ORDINARIO 549/05

Órgano de procedencia: Instancia núm. 6 de Vigo

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados D. Jaime Carrera Ibarzábal, D. Juan Manuel Alfaya Ocampo e Dª Magdalena Fernández Soto pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

SENTENZA Nº 274/08

Vigo, dezaseis de maio de dous mil oito.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Ordinario 549/05

procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 6 de Vigo ós que correspondeu o rolo 3007/07, nos que aparece como parte

apelante- demandado Inmobiliaria Areosa, S.L. representada polo/a procurador/a D./D.ª José A. Fandiño Carnero e asistida do/da

letrado/a D./D.ª Ricardo Martínez Barros e como parte contra da que se apela e demandante Comunidad de Propietarios del

edificio " DIRECCION000 ", sita en DIRECCION001, NUM000 - Nigran representada polo/a procurador/a D./D.ª Ricardo Estévez Cernadas e

asistida do/da letrado/a D./D.ª Eugenio Moure González. É o maxistrado relator D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, quen expresa o parecer da Sala.

  1. ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 6 de Vigo de Vigo, con data do 31/07/2006, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:

"Con estimación parcial de la demanda interpuesta por la Procuradora Dña María Miranda Valencia, en nombre y representación de la Comunidad de Propietarios del edificio " DIRECCION000 ", sito en DIRECCION001 nº NUM000 de Nigrán, debo condenar y condeno a Inmobiliaria Areosa, S.L. representada por el Procurador D. José Antonio Fandiño Carnero,a pagar a la actora la cantidad de trescientos cuarenta y seis mil doscientos veintiún euros y cincuenta y dos céntimos de euro ( 346.221,52 euros) que devengará, desde la fecha de esta sentencia hasta el pago, un interés anual igual al legal del dinero incrementado en dos puntos, sin que proceda hacer condena en costas."

Segundo

Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª José A. Fandiño Carnero, en representación de D./D.ª Inomibiliaria Areosa, S.L., presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 10/4/08.

Terceiro

Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.

  1. FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

A parte demandada, Inmobiliaria Areosa, S. L., recurre a sentenza de primeira instancia, invocando como primeiro motivo da sua apelación a incongruencia de devandita resolución, ao condenarlle ao pagameno dunha indemnización en metálico cando, no seu parecer, a petición principal da Comunidade de Propietarios actora era dunha condena in natura, é dicir, de reparalas deficiencias constructivas que este último litigante denuncia da sua demanda.

O motivo do recurso non pode prosperar pois o primeiro e preferente pedimento da demandante era dunha suma de diñeiro, bastando para chegar a esta conclusión con un simple exame do suplico da demanda, no que, despois de interesarse unha petición inicial, de que se declare o incumprimento contractual da demandada, ou a sua responsabilidade decenal, a xeito de simple presuposto previo ás postreiras formulacións, se interesa a condena á prestación in natura, ou ben, como a parte actora "recomenda e prefire" ao pagamento de 346.221,52 euros. Esta preferencia ou petición principal é entón palmaria e inequívoca, carecendo de fundamento o vicio de incongruencia imputado á sentenza apelada, máxime se aquel suplico aparece adornado e confirmado polos antecedentes de feito e fundamento de dereito da demanda cando, por exemplo, e sen ánimo de ser exhaustivo, no feito cuarto se di "petición alternativa:preferencia pola condena ao pagamento" (folio 3), ou cando no fundamento xurídico cuarto, referido ao cerne do asunto, se xustifica esta petición como principal, e se opta subsidiariamente pola prestación in natura, porque esta última non semella a mais convinte dado - por utilizala propias expresións da demandante- "o renuente incumprimento" da demandada, as " suas excusas de mal pagador", ou, en fin, "que non realizará con todo o cariño debido as obras de reparación" ( folio 11).

Segundo

A promotora apelante, dentro do anterior motivo de apelación, da inconguencia da sentenza, e en íntima conexión co mesmo, ven afirmar que a actora non pode optar libre e indiscriminadamente por unha indemnización en metálico, senón que tal prestación por equivalencia tan só é legamente posible cando non sexa factible a restitución in natura, ou o que é o mesmo, no caso de non poda conseguirse o cumprimento, voluntario, ou forzoso, da obriga de facer, representada neste suposto pola reparación directa dos defectos ruinóxenos denunciados pola comunidade demandante.

A tese da apelante, ademais de novedosa, en canto non invocada na primeira instancia, aparece contradita pola mais moderna doctrina xurisprudencial, da que son expresións as sentenzas que de seguido se citan.

En efecto, e dunha parte, se examinamos o escrito de contestación á demanda, realmente nel non se argumenta nin obxeta nada sobre a petición de condena de numerario artellada pola actora, e esa falta de oposición excluiría, por extemporaneidade, a formulación da actual obxeción, tal como declara nun suposto idéntico a sentenza do Tribunal Supremo de 8 de novembro de 2.002.

E doutra parte, a mesma sentenza, con cita da de 29-2-2000 adverte que "ha de tenerse presente el petitum de la demanda

y que ninguna indefensión se produce al fijar las indemnizaciones en cantidades líquidas,dentro de las que incluyen los daños referidos, evitando las dilaciones de la ejecución de sentencia que pretende la recurrente, que se prolongaría en extremo dado el número de afectados, con lo que privaría, por contra a los damnificados de la tutela efectiva de sus derechos y, aunque en este caso se ha deferido la fijación de la suma indemnizatoria a la ejecución de sentencia, lo esencial es que la sentencia citada admite la reparación dineraria, como es propio de la naturaleza resarcitoria de la acción ejercitada y parece innegable que la ejecución in natura, en supuestos como el presente, daría lugar a dilaciones y conflictos e incluso podría calificarse de ilógica atendiendo a lo acontecido en la construcción del edificio".

No mesmo senso, as ss. de 20-6 e 27-11-2007. Así, proclama esta última que "no cabe cuestionar, en primer lugar, que el principio indemnizatorio está presente en el artículo 1591 del Código Civil -sentencias de 7 de mayo de 2002 y 27 de septiembre de 2005, entre otras-, o, en otros términos, que "el resarcimiento económico del daño causado en concepto de responsabilidad civil es coherente con el efecto jurídico normativo del artículo 1591 del Código Civil ". La dicción literal del referido precepto habla, en efecto, de "responder de los daños y perjuicios". Es claro pues, como sigue diciendo la Sentencia última referenciada, que "la norma legal no exige que se solicite un cumplimiento en forma específica". De tales asertos se desprende, entre otras consecuencias, que no incurre en incongruencia la sentencia que concede una indemnización por sustitución de la condena de hacer "in natura", ante la imposibilidad de llevar ésta a cabo - sentencias, entre otras, de 24 de septiembre de 2004 -. Ahora bien, desde tal premisa, se suscita en los presentes autos la posible prevalencia de la reparación "in natura" respecto de la reclamación directa de la indemnización sustitutoria, en aquellos casos en que aquella forma resarcitoria se presenta y se propugna como posible. Pues bien, atendiendo a la jurisprudencia de esta Sala, no puede otorgarse, como regla general, rango preferente a aquélla frente a ésta, en supuestos, como el presente, so pena de conceder a los demandados, como decía la Sentencia de esta Sala de 7 de mayo de 2002, "el privilegio de llevar a cabo por sus propios medios unos trabajos de reparación que previamente se han abstenido de realizar eficazmente". Es cierto que, en determinados supuestos se ha señalado la solución contraria, a saber, que la posibilidad de instar la reclamación directa de la indemnización pertinente es una excepción a la regla general del artículo 1098 del Código Civil -reparación "in natura"-, -sentencias de 17 de marzo de 1995 y 27 de septiembre de 2005 -. Ahora bien, aun en estos casos, se ha mantenido la procedencia de la pretensión resarcitoria por equivalencia, por concurrir una serie de circunstancias, cuales son, "el requerimiento previo de realización al deudor, que éste lo incumpla voluntariamente, y que el demandante prefiera la indemnización, dado el constatado incumplimiento del deudor, por depender el cumplimiento de una relación personal que se ha demostrado contraria a las reglas de conducta propias de las relaciones contractuales".

Pois ben, a doctrina precedente é de perfecta aplicación ao caso de lite, pois: A) Estanse a formular acumulativamente duas accións, unha, de incumprimento contractual, e a outra, por responsabilidade decenal. B) A actora formula con preferencia a petición dunha indemnización de numerario, cifrándoa nunha suma concreta e determinada. C) Semella lóxico acceder a ese primeiro pedimento, fronte ao segundo, de reparación en forma específica, se temos en conta o longo tempo transcurrido, de mais de dez anos, dende o remate do inmoble ata a formulación da presente demanda, sen que a parte demandada fixera fronte a esa reparación in natura, observando...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • ATS, 1 de Diciembre de 2009
    • España
    • 1 Diciembre 2009
    ...la Sentencia dictada, con fecha 16 de mayo de 2008, por la Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Sexta), en el rollo de apelación nº 3007/2007, dimanante de los autos de juicio ordinario nº 549/2005 del Juzgado de Primera Instancia nº 6 de - Mediante Providencia de fecha 10 de julio d......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR