SAP Lugo 111/2013, 6 de Marzo de 2013

PonenteXULIO XOXE FERREIRO BAAMONDE
ECLIES:APLU:2013:199
Número de Recurso760/2012
ProcedimientoCIVIL
Número de Resolución111/2013
Fecha de Resolución 6 de Marzo de 2013
EmisorAudiencia Provincial - Lugo, Sección 1ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 1

LUGO

SENTENCIA: 00111/2013

ILMOS. SRES.:

D. EDGAR AMANDO FERNÁNDEZ CLOOS

D. JOSÉ RAFAEL PEDROSA LÓPEZ

D. XULIO XOSÉ FERREIRO BAAMONDE (suplente)

Lugo, a seis de marzo de dous mil trece.

A Sección Primeira da Audiencia Provincial de Lugo viu, en grao de apelación, o rolo de sala n.º 760/12

, dimanante dos autos de xuízo Ordinario nº 302/11, seguido no Xulgado de Primeira Instancia nº 1 de Viveiro . Foron partes no recurso, como apelante Segundo, representado pola procuradora Sra. ANA MARIA FERNANDEZ SANTOS e baixo a dirección do letrado D. XOSE MANUEL FERNANDEZ VARELA, e apelado COFRADIA DEL SANTISIMOCRISTO DE LA PIEDAD, representada pola procuradora Sra. LOURDES GARCIA MENDEZ e asistido do letrado D. JOSE FRANCISCO VALLE REY. Actúa como maxistrado-relator o Iltmo. Sr. D. XULIO XOSÉ FERREIRO BAAMONDE.

.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Con data 3 de outubro de 2012, o Xulgado de Primeria Instancia nº 1 de Viveiro, dictou unha sentencia que na súa parte dispositiva di: "

FALLO

Que DESESTIMANDO ÍNTEGRAMENTE la demanda de impugnación de acuerdos sociales formulada por la Procuradora Sra. Otero Rodríguez, en nombre y representación de don Segundo, frente a la "COFRADÍA DEL SANTÍSIMO CRISTO DE LA PIEDAD DE VIVEIRO", DEBO ABSOLVER Y ABSUELVO A LA ENTIDAD DEMANDADA DE TODOS LOS PEDIMENTOS DEDUCIDOS EN SU CONTRA. Se realiza expresa imposición de las costas procesales devengadas en la presente instancia a la parte demandante. ".

SEGUNDO

A parte demandante Segundo interpuxo un recurso de apelación contra a devandita sentencia, téndose por preparado o mesmo e cumpridos os trámites do art. 458 e seguintes da L.A.C. 1/2000 eleváronse as actuacións a esta Sección Primeira da Audiencia Provincial para a resolución procedente.

TERCEIRO

Na tramitación do presente recurso observáronse, en ámbalas dúas instancias, tódalas formalidades legais.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Acéptanse os da sentencia recorrida no que non contradigan os seguintes.

PRIMEIRO

O recorrente álzase nesta segunda instancia contra a sentencia na que o xulgado a quo desestimou a pretensión de nulidade de acordos sociais no seu día exercitada. Os motivos esenciais do recurso son os seguintes: a sentencia de instancia considera que a expulsión como levador da imaxe do Cristo da Piedade non supón un dereito inherente á condición de socio-confrade da "Confraría do Santísimo Cristo da Piedade". En consecuencia, a privación desta condición formaría parte da potestade de organización da procesión, que corresponde á Xunta Directiva da Confraría, e non unha verdadeira sanción o que supón a innecesariedade de aterse a un procedemento disciplinario que levase consigo a audiencia previa ao afectado. Fronte a esta argumentación, central nos razoamentos xurídicos da sentencia recorrida, o apelante entende que, dado que a fin principal da Confraría é a organización da procesión de Semana Santa, a privación do dereito a levar a imaxe durante a mesma non pode ser entendido senón como unha sanción que afecta ao cerne da condición de socio, en consecuencia, debería esta decisión ser adoptada tras un procedemento onde se respectasen os principios de audiencia e contradición. Nun segundo motivo, o apelante discute a existencia dos feitos que motivaron a privación da condición de levador ou cando menos a suficiencia da súa proba, así como, subsidiariamente, a relevancia dos mesmos para a adopción do acordo impugnado.

SEGUNDO

A sentencia impugnada fai unha minuciosa análise da normativa legal e constitucional sobre o dereito de asociación - que debe darse aquí por reproducida - extraendo, en suma, as seguintes conclusións: a) o necesario respecto ao principio de auto-organización das asociacións; b) a posibilidade de control xudicial sobre os acordos tomados no seo das asociacións e, concretamente, da existencia dunha base razoábel para os acordos sancionatorios, respectando a liberdade valorativa dos órganos destas, así como da correcta formación desta vontade social, a través das normas internas e - engadimos agora - do respecto aos principios constitucionais.

A sentencia recorrida, estima, de acordo coa valoración probatoria que fai a xuíz a quo que existe unha base razoábel para tomar a decisión de privar ao demandante da súa condición de levador da imaxe do Cristo da Piedade, nunha decisión que esta Sala non atopar razóns para modificar por estar sustentada polas regras da razón e da sa crítica. Aínda que o recurso centra o seu...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
4 sentencias
  • SAP Lugo 253/2013, 26 de Junio de 2013
    • España
    • 26 Junio 2013
    ...do caso concreto as que determinarán, como non pode ser doutro xeito, se procede a pretensión resolutoria ou non ( SAP de Lugo de 6 de marzo de 2013 ). En todo caso, esta Sala xa tivo ocasión de analizar as cláusulas discutidas no presente recurso ao resolver outras apelacións en preitos re......
  • SAP Lugo 254/2013, 26 de Junio de 2013
    • España
    • 26 Junio 2013
    ...do caso concreto as que determinarán, como non pode ser doutro xeito, se procede a pretensión resolutoria ou non ( SAP de Lugo de 6 de marzo de 2013 ). En todo caso, esta Sala xa tivo ocasión de analizar as cláusulas discutidas no presente recurso ao resolver outros recursos de apelación en......
  • SAP Lugo 251/2013, 26 de Junio de 2013
    • España
    • 26 Junio 2013
    ...do caso concreto as que determinarán, como non pode ser doutro xeito, se procede a pretensión resolutoria ou non ( SAP de Lugo de 6 de marzo de 2013 ). En todo caso, esta Sala xa tivo ocasión de analizar a cláusula discutida no presente recurso ao resolver outros recursos de apelación en pr......
  • SAP Lugo 217/2013, 5 de Junio de 2013
    • España
    • 5 Junio 2013
    ...do caso concreto as que determinarán, como non pode ser doutro xeito, se procede a pretensión resolutoria ou non ( SAP de Lugo de 6 de marzo de 2013 ). TERCEIRO.- Aplicando estes criterios, debe determinarse, polo tanto, se o prazo de entrega, pola súa propia natureza, ou polo acordo das pa......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR