SAP Pontevedra 289/2003, 24 de Julio de 2003

PonenteLUCIANO VARELA CASTRO
ECLIES:APPO:2003:2633
Número de Recurso2060/2003
ProcedimientoCIVIL
Número de Resolución289/2003
Fecha de Resolución24 de Julio de 2003
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 1ª

SENTENCIA: 00289/2003 Rolo civil: 2060/2003

Proceso civil: 245/02

Orixe: Xulgado de Primeira Instancia núm. 1 de Tui

Tipo de asunto: verbal

A Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, composta por don Manuel Almenar Belenguer, don Luciano Varela Castro e don Julio Picatoste Bobillo, pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

SENTENCIA NÚM. 289

Pontevedra, vintecatro de xullo de dous mil tres. No recurso de apelación interposto contra a sentencia dictada nos autos do proceso civil verbal núm. 245/02, procedente do Xulgado de Primeira Instancia núm. 1 de Tui , son partes: como apelante e demandante dona Gabriela ; como apelada e demandada a entidade mercantil Promociones Inmobiliarias Marvil SA.

ANTECEDENTES DE FEITO

Acéptanse os da sentencia de primeira instancia e, alén diso,

Primeiro

Con data do 9 de setembro de 2002, o xuíz do Xulgado de Primeira Instancia núm. 1 de Tui pronunciou unha sentencia coa seguinte resolución:

Decisión: "Que desestimando la demanda formulada por la Procuradora Sra. Muíños Torrado, en nombre y representación de DÑA. Gabriela , contra la Entidad Mercantil INVERSIONES INMOBILIARIAS MARVIL S.A., representada por la Procurado Diz Guedes, debo absolver y absuelvo a la demandada de las pretensiones ejercitadas; y en consecuencia, mando alzar la suspensión de la obra que ésta veníaverificando en la finca sita en Tui, CALLE000 núm. NUM000 , con imposición de costas a la actora."

Segundo

Contra a devandita sentencia a parte apelante, dona Gabriela , interpuxo o recurso de apelación. Este foi admitido polo que se lle remitiron as actuacións a este Tribunal, que fixou a data do 4 de xuño de 2003 para deliberar e dictar sentencia no presente recurso.

Terceiro

Na tramitación desta instancia cumpríronse todas as prescricións e os termos legais. Foi relator o maxistrado don Luciano Varela Castro, quen expresa o criterio da Sala. FUNDAMENTOS XURÍDICOS

Primeiro

Obxecto de debate e recurso.

A cuestión determinada na demanda era a protección xudicial fronte á extralimitación do demandado no inmoble que está a construír este. Aquela extalimitación defínese como a apertura de ocos para fiestras.

A pretensión é rexeitada coa argumentación de que a obra se atopa rematada polo que non pode ser suspendida, sendo a suspensión o contido da tutela reclamado.

Fanse protestas pola non estimación da pretensión de proba de interrogatorio de parte. Pero diante da decisión adoptada canto ao fondo esa pretensión advén innecesaria.

Segundo

A obra denunciada non estaba rematada no tempo no que a demanda foi posta. A cuestión en debate non é determinar a realidade acreditada. Senón a avaliación xurídica desa realidade.

Porque non se discute que no tempo da demanda os ocos para fiestras tivesen as características reflectidas...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • SAP Córdoba 171/2010, 22 de Septiembre de 2010
    • España
    • 22 Septiembre 2010
    ...Audiencias no consideran que la denominada "conclusión jurídica" sea un óbice insalvable (por ejemplo, Sentencia de la Audiencia Provincial de Pontevedra de 24 de julio de 2003 ); dependiendo, en todo caso, la apreciación de la conclusión de la obra en sentido jurídico (no técnico o arquite......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR