SAP Pontevedra 69/2000, 28 de Febrero de 2000

PonenteJOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
ECLIES:APPO:2000:695
Número de Recurso3009/2000
ProcedimientoCIVIL
Número de Resolución69/2000
Fecha de Resolución28 de Febrero de 2000
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 2ª

SENTENCIANº 69

En PONTEVEDRA, a vinteoito de febreiro de dos mil.

No recurso de apelación interposto fronte á sentencia dictada nos autos de Cognición numero 387/97, vindo do XDO. 1. INST. E INSTR. VILAGARCIA 2 , movido entre as partes, dunha banda como apelante e demandante Bruno , e da outra como apelado e demandado Milagros , sobre Acción reivindicatoria de dominio.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Nos actos a que este rolo atinxe na data 28 de decembro de 1999, o Xdo. 1. Inst e Instr. Vilagarcía 2, pronunciou sentencia , a resolución da cal, rigorosamente di: "Que desestimando la demanda interpuesta por la representación de Bruno , debo absolver y absuelvo a la parte demandada de los pedimentos formulados contra ella en el presente procedimiento, condenando a la parte actora al pago de las costas causadas en el presente procedimiento". Fronte á devandita sentencia, a parte demandante interpuxo recurso de apelación, solicitando a revogación da mesma, e tras o traslado do devendito recurso ter sido conferido á parte contraria, ésta opúxose ó mesmo, solicitando a confirmación da sentencia recorrida.

SEGUNDO

Na tramitación desta instancia cumpríronse as prescripcións e termos legais.

Foi relator o Ilmo. Sr. Maxistrado D. JOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO, quen expresa o criterio da Sala.

FUNDAMENTOS XURIDICOSPRIMEIRO: Ó abeiro do sinalado no artigo 348 do Código Civil exercitábase pola parte actora don Bruno (que actuaba no seu propio nome e en beneficio da comunidade ganancial formada coa súa esposa dona María Milagros ) unha acción reivindicatoria sobre o fundo que se describía no primeiro dos feitos da demanda, contra dona Milagros (falecida despois de contestar á demanda polo que logo en autos se personou a filla daquela dona Andrea que igualmente actúa no seu propio nome e no da comunidade hereditaria da súa nai). O demandante, pois, afirmando ser propietario con dereito a posui-la cousa, pretende a restitución desta por parte da demandada, como posuidora que supostamente carecería de tal dereito. E sen necesidade dunha especial análise non por iso someramente se deben deixar de nomear os tres requisitos que, por ampla, pacífica e constante xurisprudencia do Tribunal Supremo, se veñen esixindo para o éxito do exercicio da acción reivindicatoria: a)Que o actor probe cumpridamente o dominio do fundo, predio ou cousa que reclama; b)A identificación exacta da mesma; e c)A detentación ou posesión da mesma polo demandado (por todas, as SSTS do 10 xuño 1969, 25 xuño 1998 e 28 setembro 1999).

A Xulgadora a quo, considerando que non se tiñan probados os dous primeiros requisitos de mención, procedeu a rexeitar a demanda rectora de litis.

SEGUNDO

A parte actora refería ser propietaria do fundo " DIRECCION000 ", sito en Trabanca-Sardiñeira-Carril (concello de Vilagarcia de Arousa) a medio de compravenda levada a cabo o 16 de marzo de 1969, plasmada nun documento privado de tal data que ós dez días fora presentado na oficina liquidadora correspondente ós efectos do pago dos correspondentes impostos, como así efectivamente consta ó remate e pé do amentado documento privado.

Os que neste último interviron como vendedores ora, morreron (caso de don Inocencio , don Pedro Enrique , dona Marina , e dona Paloma ), ora, nos presentes autos testemuñaron (caso de don Jose Francisco e don Gabino ) para afirmaren a veracidade do amentado documento privado que constitúe o titulo dominical que achegaba a parte actora coa súa demanda. Asemade que, a proba pericial caligráfica efectuada por don Agustín igualmente aseverou que tódalas sinaturas dubitadas e indubitadas que se estamparan no referido documento privado foran realizadas polos respectivos puño e pulso das persoas que a tal efecto se facian figurar agás, a correspondente a dona Marina , por ningures figura-la mesma, e a relativa a don Gabino por non...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
2 sentencias
  • SAP Pontevedra 293/2008, 18 de Junio de 2008
    • España
    • 18 Junio 2008
    ...su cabida, situación y linderos, de modo que resulta perfectamente delimitado -SS. TS. 10-6-1969, 25-6-1998 y 28-9-1999, y SS. AP Pontevedra 28-2-2000 y 15-11-2001 En el caso enjuiciado, una valoración cabal de la prueba practicada -documental, interrogatorio de partes, testifical del contr......
  • SAP Barcelona, 4 de Mayo de 2001
    • España
    • 4 Mayo 2001
    ...(pues de ellos no resultará su exacta cabida), deberá desestimarse el recurso. A este respecto la sentencia de la Audiencia Provincial de Pontevedra de 28 de febrero de 2000 señalaba que "...debe salientarse que resulta doutrina conteste, pacífica e ben reiterada que a identificación do fun......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR