SAP Pontevedra 231/2003, 27 de Septiembre de 2003

PonenteJOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
ECLIES:APPO:2003:3008
Número de Recurso243/2003
ProcedimientoCIVIL
Número de Resolución231/2003
Fecha de Resolución27 de Septiembre de 2003
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 2ª

SENTENCIA Nº 231

En Pontevedra, vintesete de Setembro de dous mil tres.

No recurso de apelación interposto fronte á sentencia dictada nos autos do proceso civil número 285/02, vindo do XDO. 1 INSTANCIA E INSTRUCCION NÚM. 7 DE PONTEVEDRA , movido entre as partes, dunha banda como apelante e demandante Dª Patricia , e da outra como apelado e demandado MINISTERIO FISCAL, no xuízo Ordinario, sobre petición de rectificación de sexo e nome na inscripción de nacemento.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Nos actos a que este rolo atinxe, na data 9 de Abril de 2003, o Xdo. 1 Inst. e Instr. núm. 7 de Pontevedra, pronunciou sentencia , a resolución da cal, rigorosamente di: "Que desestimo la demanda deducida por la representación procesal de DOÑA Patricia , sin especial pronunciamiento en materia de costas."Fronte á devandita sentencia, a representación da parte demandante interpuxo recurso de apelación ó abeiro do disposto no artigo 455 e seguintes da LAC 1/2000, de 7 de xaneiro , o cal adhiriuse o Ministerio Fiscal.

Remitidas as actuacións a esta Audiencia Provincial, foron turnadas a esta Sección Segunda, personandose nesta segunda instancia o procurador Sra. CARMEN TORRES ALVAREZ, no nome e representación da parte demandante Dª. Patricia .

De conformidade co disposto no artigo 465 da devandita LAC , sinalouse o día 26 de Setembro de 2003 para deliberación, votación e fallo do recurso.

SEGUNDO

Na tramitación desta instancia cumpríronse as prescripcións e termos legais.

Foi relator o ilmo. sr. Maxistrado D. JOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO, quen expresa o criterio da Sala.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

PRIMEIRO

Por dona Patricia formulouse demanda de xuízo ordinario contra o Ministerio Fiscal en petición de rectificación de sexo e nome na inscrición de nacemento, rematando por interesar os cambios de Patricia por Jesús, así como o de muller por home.

A demanda así deducida fundamentábase nos seguintes feitos: A) Dende a infancia a demandante adoptara un rol sexual e emocional contrario ó sexo co que nacera, sentíndose pertencente ó sexo masculino, manifestándose así no seu comportamento social, persoal, e emotivo; durante a adolescencia padeceu situacións traumáticas por mor dos cambios hormonais e a aparición de caracteres sexuais secundarios, percibindo o seu corpo como estraño. B) No ano 1994 diagnosticóuselle un transtorno de identidade sexual comezando, entón, un tratamento psicolóxico para descartar calquera tipo de patoloxía allea á transexualidade. C) En setembro de 2000 comezou a terapia hormonal con andróxenos que rematou con intervención cirúrxica consistente en mastectomía subcutánea. D) Atopábase en lista de espera para ser intervido de xenitoplastia masculinizante. E) Nin social nin psicoloxicamente se consideraba muller e o seu proceso de transexualización estaba xa case completado, sendo coñecido como home e empregando o nome de Jesús tanto no seo familiar, como cos seus amigos e compañeiros de traballo. F) Sendo solteira e sen descendencia ninguén ía resultar prexudicado pola súa pretensión.

Como documental anexa á demanda achegouse: 1/ Certificación do Rexistro Civil de Pontevedra no que consta o nacemento de dona Patricia o día 25 de decembro de 1972. 2/ Informe psicolóxico da autoría de dona María Rosario , na súa condición de psicóloga adxunta integrada na unidade de trastornos da identidade de xénero (UTIG) do complexo hospitalario Carlos Haya, de Málaga, no que consta: o sexo inicial feminino e o de evolución masculino; que non presenta Jesús (así se alude á demandante de litis) antecedentes psiquiátricos ou sexuais de interese; que o paciente amosaba os criterios de inclusión de transexualismo (F64.0) por constatarse o seu desexo de vivir e ser aceptado como membro do sexo oposto, o seu malestar polo seu sexo anatómico, e estar disposto a someterse a tratamento hormonal e cirúrxico; e que o paciente desenrolaba un rol masculino en tódalas áreas da vida. 3/ Informe da autoría de don Bruno , na súa condición de médico adxunto da UTIG do servicio de cirurxía plástica, do hospital rexional de Málaga, pertencente ó servicio andaluz de sáude (SAS), da Junta de Andalucía, segundo o cal: Narciso atopábase en tratamento hormonal masculinizante; ingresara o 28 de novembro de 2001, e o día 30 do mesmo mes practicóuselle unha mastectomía subcutánea bilateral con extirpación cutánea e colocación dos CAP como enxertos libres, drenaxes; seguira unha evolución satisfactoria e cursárase a alta o 9 de decembro de 2001. 4/ Informe confeccionado por dona Regina , facultativa pertencente ó servicio de endocrinoloxía do xa nomeado complexo hospitalario Carlos Haya, de Málaga, para a que o xuízo clínico era o de transexualidade muller a home, pendente de xenitoplastia masculinizante. 5/ Un boletín de alta como novo socio dunha peña dun clube de futbol co correspondente carné que incorpora a súa fotografía, no que figura a actora como Jesús; así como, un sobre de correos coa dirección da parte actora nesta cidade de Pontevedra, e un cartón de graduacción da vista a nome, os dous, de Narciso . 6/ Comunicación do servicio de xestión de cobros do hospital rexional Carlos Haya, de Málaga, dirixida a Narciso . 7/ Informe de dona Elena , como psicóloga clínica do centro de orientación familiar de Pontevedra, a teor do cal: acudira a actora por primeira vez ó devandito centro no mes de abril de 1994 en demanda de diagnóstico psicolóxico para operación de cambio de sexo; o seu diagnóstico era F64.x "Trastorno da identidade sexual" (302.xx) DSM-IV, e F64.0 "Trastorno da identidade sexual en adolescentes e adultos" (302.85). Con atracción sexual polas mulleres. DSM-IV. 8/ Informe psicolóxico posterior da mesma autoría que o anterior, no que o diagnóstico foi F64-0 "Trastorno da identidade sexual en adultos". 9/ Informe de don Pedro Miguel ,especialista en endocrinoloxía do complexo hospitalario de Pontevedra, pertencente ó servicio galego de saúde (SERGAS), para o cal o xuízo clínico era o de "Trastorno da identidade sexual" (transexualismo M-V), facendo constar ó igual ca psicóloga do centro de orientación familiar de Pontevedra que se atopaba Narciso en lista de espera para levar a cabo a xenitoplastia masculinizante.

SEGUNDO

A pretensión deducida do xeito indicado e co achegamento dos documentos mencionados, trala súa correspondente admisión polo Xulgado a quo, foi contestada pola representante do Ministerio Fiscal no sentido de que nin aceptaba nin rexeitaba as alegacións formuladas na demanda e, en todo caso, remetíase ó resultado que se obtivese dos medios probatorios a practicar, consonte os cales interesaba se dictase sentencia.

O día sinalado para a audiencia previa só compareceu a parte demandante, e por esta interesouse como proba a documental consistente na xa achegada coa demanda, así como a pericial de dona Elena e de don Pedro Miguel , e a testemuñal de dona Regina , e de don Bruno .

Sinalada a data para a práctica da devandita pericial compareceron os referidos peritos e do reflectido na acta levantada con tal motivo e do visionado da cinta de video resulta, segundo a psicóloga, que : o físico do actor correspóndese co dun varón; a familia que nun principio amosaba unha actitude reticente, agora, apoia totalmente a pretensión do seu fillo; non se apreciaron patoloxías...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 artículos doctrinales

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR