SAP Pontevedra 75/2003, 20 de Marzo de 2003

PonenteJOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
ECLIES:APPO:2003:1077
Número de Recurso86/2003
ProcedimientoCIVIL
Número de Resolución75/2003
Fecha de Resolución20 de Marzo de 2003
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 2ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00075/2003

AUDIENCIA PROVINCIAL

SECCION SEGUNDA

PONTEVEDRA

Rolo: RECURSO DE APELACION 86 /2003

Ilmos. Sres. Maxistrados:

Presidente:

D. JOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO

Maxistrados:

Dª ANGELA IRENE DOMINGUEZ VIGUERA FERNÁNDEZ

D. JAIME ESAIN MANRESA

SENTENCIA N° 75

En Pontevedra, vinte de Marzo de dous mil tres.

No recurso de apelación interposto fronte á sentencia dictada nos autos do proceso civil número 247/01, vindo do XDO. 1 INSTANCIA E INSTRUCCION NUM. 2 DE CALDAS DE REIS, movido entre as partes, dunha banda como apelante e demandante D. Gabino , e da outra como apelado e demandado CASER GRUPO ASEGURADOR, no xuizo Verbal, sobre Impugnación de taxación de custas.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Nos actos a que este rolo atinxe, na data 25 de Novembro de 2002, o Xdo. 1 Inst e Instr núm. 2 de Caldas de Reis, pronunciou sentencia, a resolución da cal, rigorosamente di: "DESESTIMO TOTALMENTE A IMPUGNACIÓN DA TAXACIÓN DE CUSTAS feita por Gabino , e ESTIMO TOTALMENTE A IMPUGNACIÓN DA TAXACION DE CUSTAS feita por CASER GRUPO ASEGURADOR, facendo, en consecuencia, os seguintes pronunciamentos:

  1. Procede a modificación da taxación de custas levada a cabo pola Secretaria deste Xulgado o 2 de setembro de 2002, no sentido de excluir da mesma os honorarios devengados polo letrado Jesús María durante a primeira instancia. 2°. A taxación manteráse nos restantes conceptos, quedando as mesmas limitadas, en todo caso, ás xeradas na primeira instancia.

  2. Condeno a Gabino a paga-las custas orixinadas pola tramitación das dúas impugnacións que constituiron o obxecto da presente resolución."

Fronte á devandita sentencia, a representación da parte demandante interpuxo recurso de apelación ó abeiro do disposto no artigo 455 e seguintes da LAC 1/2000 de 7 de xaneiro, formalizando oposición a parte demandada, e remitíndose as actuacións a esta Audiencia Provincial.

De conformidade co disposto no artigo 465 da devandita LAC sinalouse o día 19 de Marzo de 2003 para a deliberación, votación e fallo do recurso.

SEGUNDO

Na tramitación desta instancia cumpríronse as prescripcións e termos legais.

Foi relator o ilmo sr. Maxistrado DON JOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO, quen expresa o criterio da Sala.

FUNDAMENTOS XURIDICOS

PRIMEIRO

Cada Secretario do Tribunal que coñeza dun asunto nas distintas instancias debe practicar a taxación das custas xeradas en cada unha daquelas, pois, o feito de que os escritos de recurso de apelación, oposición e impugnación se produzan na primeira instancia en nada empecen a tal conclusión por canto que non só o Tribunal de apelación é o que vai resolver, senón que ante el pódese producir a actividade probatoria e a eventual vista.

Se opinable e obxecto de discusión a anterior maioritaria conclusión da doutrina baixo a vixencia da Lei de Axuizamento Civil de 1881, agora se que non cabe a máis mínima discusión posible ó respecto dados os ben nidios termos nos que aparece redactado o artigo 243.1 da Lei de Axuizamento civil de 2000 cando sinala que "en todo tipo de procesos e instancias, a taxación de custas practicaraa o Secretario do Tribunal que coñeceu do proceso ou recurso, respectivamente, suxeitándose ás disposicións deste título".

Xa que logo, a pretensión do agora recorrente en apelación no sentido de que se incluíse na taxación de custas as cantidades relativas á segunda instancia, tanto no relativo ós honorarios do avogado, como ós dereitos da procuradora, non pode prosperar, ratificándose neste particular o auto impugnado.

SEGUNDO

Tamén é obxecto de apelación o relativo á interpretación que se lle deba dar ó artigo

32.5 da Lei de Axuizamento Civil de 2000. E en concreto, se na taxación de custas practicada se deben incluír tanto os honorarios do procurador como os dereitos do avogado, así como que debe entenderse por "lugar distinto a aquel no que se tramitou o xuizo".

A tal efecto cómpre aclarar, de entrada, que os termos nos que figura redactado o artigo 32.5 da Lei de Axuizamento Civil de 2000 e o segundo dos parágrafos do artigo 11 da Lei de Axuizamento Civil de 1881, amosan unha notoria semellanza. Así, mentres que o primeiro fai alusión á excepción de que "o domicilio da parte representada e defendida estea en lugar distinto a aquel en que se tramitou o xuizo", o segundo expresaba no mesmo sentido "salvo que a residencia habitual da parte representada e defendida sexa distinta do lugar no que se tramitase o xuízo". Velaí polo que só se trocou a máis xenérica noción de residencia habitual pola máis específica de domicilio, mais respectándose a alusión ás dúas actividades profesionais (representación e defensa), e maténdose a noción de "lugar no que se tramitou o xuízo"....

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
3 sentencias
  • SAP Guipúzcoa 2373/2009, 13 de Noviembre de 2009
    • España
    • November 13, 2009
    ...Sala considera que por "lugar del juicio" se debe entender, como lo hace la doctrina mayoritaria (así entre otras muchas, SAP Pontevedra de 20 de marzo de 2003, SAP de Almería 9 de octubre de 2003, SAP de Girona de 23 de marzo de 2004, Coruña 13 de octubre de 2005 ), la sede o población en ......
  • SAP Pontevedra 515/2006, 28 de Septiembre de 2006
    • España
    • September 28, 2006
    ...de León de 5 de mayo de 2000, o también, la de la AP de Valencia, sección 8ª, de 28 de enero de 2000 , entre otras muchas". Y la SAP Pontevedra, 20 marzo 2003, Sec. 2º, señaló en el mismo sentido: "A tal efecto, cómpre aclarar, de entrada, que os termos nos que figura redactado o artigo 32.......
  • SAP Cuenca 33/2009, 5 de Marzo de 2009
    • España
    • March 5, 2009
    ...la sede o población en la que radique el órgano jurisdiccional que tramita y conoce de la litis (en este sentido, por ejemplo, SAP de Pontevedra de 20/03/2003, SAP de La Coruña de 13/10/2005, o SAP de Madrid de 27/03/2007 , entre muchas Sentado lo anterior, es lo cierto que cuando, como en ......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR