SAP Pontevedra 453/2002, 5 de Diciembre de 2002

PonenteLUCIANO VARELA CASTRO
ECLIES:APPO:2002:3997
Número de Recurso2143/2002
ProcedimientoCIVIL
Número de Resolución453/2002
Fecha de Resolución 5 de Diciembre de 2002
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 1ª

SENTENCIA NUM. 453 Pontevedra, cinco de decembro de dous mil dous. No recurso de apelación interposto contra a sentencia dictada nos autos do proceso civil verbal

núm. 4/02, procedente do Xulgado de Primeira Instancia núm. 3 de Vilagarcia de Arousa, son

partes: como apelante e demandante D. Esteban , e como apelados e demandados - impugnantes D. Narciso , Dª. Andrea , D. Luis Francisco , D. Bernardo , Dª. Montserrat

, D. Hugo ,

Dª. Ana , D. Romeo e D. Luis Andrés .

ANTECEDENTES DE FEITO

Acéptanse os da sentencia de primeira instancia e, alén diso,

Primeiro

Con data do 9 de maio de 2002, o xufz do Xulgado de Primeira Instancia núm. 3 de Vilagarcía de Arousa pronunciou unha sentencia coa seguinte resolución:

Decisión: "Que desestimo la demanda formulada por el Procurador Sr. Abalo Álvarez en nombre y representación de D. Esteban ; frente a D. Narciso , Andrea , Luis Francisco , Bernardo , Montserrat , Hugo , Ana , Romeo , Luis Andrés , representados por la Procuradora Sra. Rendo Couto. Todo ello con expresaimposición de las costas causadas."

Segundo

Contra a devandita sentencia a parte apelante, D. Esteban , interpuxo o recurso de apelación, que foi admitido, polo que se lle remitiron as actuacións a este Tribunal, que fixou adata do 14 de novembro de 2002 para deliberar e dictar sentencia no presente recurso.

Terceiro

Na tramitación desta instancia cumprironse todas as prescricións e os termos legais. Foi relator o maxistrado D. Luciano Varela Castro, quen expresa o criterio da Sala. FUNDAMENTOS XURÍDICOS

Primeiro

Obxecto de recurso.

Unha vez desestimada a demanda na que se solicitaba a declaración negatoria da servidume, o recurso reitera tal pretensión. E cómpre, denantes doutra cousa, facer unha advertencia: o pedido é que se faga declaración de que os predios descritos no feito primeiro da demanda non están sometidos ao gravame.

A cuestión de cal sexa a concreta superficie que constitúe aquela servidume non é obxecto de pretensión na demanda.

Na medida en que a parte demandada non formula unha cuestión verbo da lexitimación do actor, e que este non solicita a declaración de cal sexa o linde exacto do seu predio, xorde unha cuestión: declarar que o predio do actor, segundo a descrición, non está gravado deixa imprexulgada a cuestión de se o paso de que se serven os demandados se fai ou non polo predio do actor.

Daquela, neste recurso cómpre facer dúas determinación:

  1. se existe ou non servidume da que é servente o dominio do actor, e

  2. a advertencia canto á transcendencia desa decisión verbo do uso de paso que fan os demandados.

Segundo

Inexistencia de servidume.

Partindo do predio ao que atinxe a titulación achegada coa demanda, non pode afirmarse a existencia de servidume que o grave.

Examinada a proba do interrogatorio dos demandados, algúns destes chegan a recoñecer que a situación de uso que están a facer non é tributaria da constitución dunha...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • SAN, 16 de Enero de 2020
    • España
    • 16 Enero 2020
    ...que se recurre. La prueba evidente de todos los incumplimientos de la concesionaria la encontramos en Sentencia de la Audiencia Provincial de Pontevedra de 5 de diciembre de 2002 que condena a dicha entidad por delito ecológico, incumplimientos que continúan produciéndose. -Existe causa o m......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR