SAP Pontevedra, 27 de Mayo de 2002

PonenteJUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO
ECLIES:APPO:2002:1774
Número de Recurso3020/2002
ProcedimientoCIVIL
Fecha de Resolución27 de Mayo de 2002
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 6ª

SENTENCIA

En Vigo a vintesete de maio de dous mil dous

VISTO en grado de apelación ante a sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do Xuicio Ordinario 435/2001 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia núm 10 de VIGO, os que correspou o rolo 3020/02, nos que aparece como Demandante D. Jose Ramón (D. Mariano sucesor procesal) e representada polo procurador Dña. Támara Ucha Groba e asistido do letrado D. Antonio Neira Dominguez e como Demandados DÑA. Maite E D. Fermín , representado polo procurador D. José Vicente Gil Tránchez e asistido do letrado D. Jesús Guillermo Rodríguez Gil e sendo o Maxistrado ponente o Ilmo.. Sr. D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.

I ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Polo Xulgado de 1ª instancia num 10 de VIGO con data doce de decembro de duos mil un dictouse sentencia co seguinte Fallo:

Debo desestimar y desestimo la demanda formulada por la Procuradora Dña. Támara Ucha Groba en nombre y representación de D. Jose Ramón a quien tras su fallecimiento sucedio D. Mariano en idéntica posición jurídica, contra DÑA. Maite y D. Fermín , absolviéndoles de las acciones contra ellos deducidas con expresa imposición de las costas causadas el demandante.

SEGUNDO

Contra dita Sentencia, polo procurador Dña Tamara Ucha Groba en representación deD. Mariano formulouse recurso de apelación que foi admitido en ambos efectos, consonte ao disposto no artigo 455 da Lei de Axuizamento Civil.

TERCEIRO

Na tramitación desta instancia cumprironse todalas prescripcións e termos legais.

II. FUNDAMENTOS DE DEREITO.

PRIMEIRO

A Sala comparte na sua plenitude a liña argumental da sentencia recorrida, a que, en síntese, ven rexeitala demanda ao entender que a parte actora, e agora recorrente, non xustificou, como lle incumbía, a existencia dalgún dos feitos que se invoca para pedir a nulidade, anulabilidade ou rescisión do contrato de compraventa celebrado o día 2 de abril de 1.996.

Ante todo convén advertir da dificultade que se crea a este Tribunal, ao igoal que ao Xulgador a quo, coa formulación dunha demanda na que, lonxe da claridade e precisión que debe presidir ese acto procesual, se contén unha descripción errática e desordeada dos feitos polos que se pide a ineficacia daquel contrato, falándose de xeito indiscriminado de presión, dolo, erro, intimidación, ou falsidade da causa, mais sen describir de maneira concreta e desglosada cada un dos feitos que amparan eses institutos, como si todos tiveran un contido prácticamente idéntico, cando elo non é obviamnte así. Mais a pesares desa falta de rigor e de concreción narrativa, un esforzo interpretativo sobre os feitos, fundamentos xurídicos, e suplico da demanda leva á conclusión de que o que se está a instaré, en primeiro lugar, a nulidade absoluta ou radical do contrato cuestionado, ben por falta de consentimento, ben por falta de causa, en segundo lugar, a sua anulabiliade por un vicio consensual, e en terceiro lugar, a sua rescisión, sin invocarse neste último suposto a razón de ser pola que se formula esa petición rescisoria.

Feita a anterior advertencia, a realidade é que a mesma é en grande medida baldía e innecesaria, dada a orfandade probatoria que se observa sobre os feitos que...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • ATS, 18 de Octubre de 2005
    • España
    • October 18, 2005
    ...con fecha 27 de mayo de 2002, por la Sección Sexta de la Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, en el rollo de apelación nº 3020/2002, dimanante de los autos de juicio ordinario nº 435/2001 del Juzgado de Primera Instancia nº 10 de Vigo - Mediante Providencia de fecha 9 de se......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR