SAP Pontevedra 35/2015, 30 de Enero de 2015

PonenteJUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO
ECLIES:APPO:2015:106
Número de Recurso577/2014
ProcedimientoCIVIL
Número de Resolución35/2015
Fecha de Resolución30 de Enero de 2015
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 6ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00035/2015

CIVIL

Rolo: 577/2014

Procedemento de orixe: Ordinario 546/2013

Órgano de procedencia: Instancia núm. 9 de Vigo

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, Presidente, D. JULIO PICATOSTE BOBILLO e D. EUGENIO FRANCISCO MIGUEZ TABARES, pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

SENTENZA NUM.35/2015

En Vigo, trinta de xaneiro de dous mil quince.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Ordinario 546/2013 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 9 de Vigo, ós que correspondeu o rolo 577/2014, nos que aparece como parte apelante e demandado REPRESENTACIONES ELECTRONICAS GENERALES, S.A., representada polo/a procurador/a D./D.ª José Antonio Fandiño Carnero e asistida do/ da letrado/a D./D.ª Manuel Migoya Suarez, e comoparte contra da que se apela e demandante PUERTO DEPORTIVO DE BAYONA, representadO polo/a procurador/a D./D.ª Gemma Alonso Fernández e asistida do/da letrado/a D./D.ª José Luis Prieto Esturillo,

É o maxistrado relator D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.

  1. ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 9 de Vigo, con data do 4/6/2014, ditou unha sentenza coa

seguinte parte dispositiva:

"Estimo íntegramente la demanda y condeno a "Representaciones Electronicas Generales, S.L a pagar a "Puerto Deportivo de Baiona" la suma de 6672,96 euros más el interés legal desde la fecha de la demanda con expresa condena en costas.

Desestimo íntegramente la reconvención y absuelvo a "Puerto Deportivo de Baiona", condenando a "Representaciones Electronicas Generales,SL, a pagar la costas de la demanda reconvencional."

Segundo

Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª José Antonio Fandiño Carnero, en representación de REPRESENTACIONES ELECTRONCIAS GENERALES, S.A., presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 29/1/2015.

Terceiro

Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.

  1. FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

A demandada reconvinte basea a súa doble pretensión, de que se rexeite a demanda contra

dela formulada, e de que se estime a demanda reconvencional, en dous pilares fundamentais, por unha banda, que as obrigas cuxo cumprimento lle esixe a actora inicial non son da súa conta, senón dos usuarios das prazas de amarre, e por outra, que houbo por parte da reconvida un incumprimento do contrato, ao non proporcionar -dito en resumo-as prestacións que asumía, procedendo en consecuencia a restitución do prezo pagado polo aluguer das dúas prazas de atraque. Pois ben, estas dúas formulacións da parte hoxe apelante carecen de consistencia e de soporte probatorio dabondo, compartindo plenamente esta Sala a liña argumental da sentenza ditada en primeira instancia, limitándomos, xa que logo, a abundar simplemente sobre eses argumentos.

Segundo

Ante todo, non pode obviar este tribunal de apelación a ambigüidade e incoherencia observadas no posicionamento da recurrente, consistente en que, dunha parte, combate o Regulamento de Explotación e Policía do Porto Deportivo de Baiona (pois, segundo a súa tese, non habería constancia de quen o outorgou, da súa data, da súa vixencia, da realidade da concesión administrativa...), e doutra, invoca esa norma para soster que non viría obrigado a satisfacer os gastos e tarifas que se lle reclaman, postura incongruente, evasiva e contradictoria que obviamente non pode favorecerlle (artigo 405. 2. Da L. A. C.).

Feita a anterior puntualización, corresponde agora...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • ATS, 10 de Mayo de 2017
    • España
    • Tribunal Supremo, sala primera, (Civil)
    • 10 Mayo 2017
    ...la sentencia dictada con fecha 30 de enero de 2015 por la Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Sexta), en el rollo de apelación n.º 577/2014 , dimanante de los autos de juicio ordinario n.º 546/2013 del Juzgado de Primera Instancia n.º 9 de Mediante diligencia de ordenación de fecha ......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR