SAP Pontevedra 307/2014, 18 de Diciembre de 2014

PonenteJOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
ECLIES:APPO:2014:2735
Número de Recurso1145/2014
ProcedimientoPENAL - APELACION PROCEDIMIENTO ABREVIADO
Número de Resolución307/2014
Fecha de Resolución18 de Diciembre de 2014
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 2ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00307/2014

ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Teléfono: 986.80.51.19

213050

N.I.G.: 36006 41 2 2012 0005889

RP APELACION PROCTO. ABREVIADO 0001145 /2014 J

Delito/falta: SOBRE SUSTANCIAS NOCIVAS PARA LA SALUD

APELANTE: Pedro Miguel

Procurador/a: D/Dª NATALIA TROITIÑO ABALO

Abogado/a: D/Dª MANUEL CHAO DO BARRO

APELADO: MINISTERIO FISCAL FISCAL

SENTENZA NÚM. 307

MAXISTRADOS/AS:

Ilmo. Sr. don José Juan Barreiro Prado, presidente

Ilma. Sra. dona Rosa del Carmen Collazo Lugo

Ilma. Sra. dona Soledad Guerra Vales

PONTEVEDRA, dezaoito de decembro de dous mil catorce

Visto pola Sección Segunda desta Audiencia Provincial, na causa instruída co número 1145/14, o recurso de apelación interposto por Pedro Miguel, representado polo procurador NATALIA TROITIÑO ABALO e defendido polo letrado MANUEL CHAO DO BARRO, contra a sentenza ditada polo Xulgado do Penal núm. 3 de Pontevedra. Constituíronse como partes o mencionado recorrente e o Ministerio Fiscal, na representación que lle é propia, e actuou como relator o maxistrado don José Juan Barreiro Prado.

ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

No acto do xuízo oral de referencia ditouse unha sentenza con data do 18 de setembro de 2014 cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

"Que debo CONDENAR Y CONDENO a Pedro Miguel y a Guillermo como autores penalmente responsables de un delito contra la salud pública del art. 363 del Codigo Penal, concurriendo en el primero la circunstancia agravante de reincidencia, y no concurriendo en el segundo circunstancias modificativas de la responsabilidad criminal, a las penas para Pedro Miguel de dos años y seis meses de prisión, inhabilitación para el ejercicio de la profesión de mariscador o de vendedor de marisco durante cuatro años y seis meses, y multa de nueve meses con una cuota diaria de seis euros; y para Guillermo de un año de prisión, inhabilitación para el ejercicio de la profesión de mariscador o de vendedor de marisco durante tres años, y multa de seis meses a razón de cuatro euros diarios. Con imposición de costas.

Las penas de prisión conllevan la accesoria legal de inhabilitación especial para el ejercicio del derechjo de sufragio pasivo durante el tiempo de la condena.

El impago de las penas de multa conlleva la responsabilidad personal subsidiaria prevista en el art. 53 del Código Penal de un día de privación de libertad por cada dos cuotas diarias no satisfechas".

E, como feitos probados, recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela:

"Probado y así se declara que sobre las 10,00 horas del día 25 de octubre de 2012, los acusados, Pedro Miguel, mayor de edad, con los antecedentes penales que luego se dirán, y Guillermo, mayor de edad, con antecedentes penales no computables, fueron sorprendidos por agentes de la Guardia Civil cuando circulaban en un vehículo Renault Scenic propiedad de Guillermo a la altura del punto kilométrico 16,5 de la autovía AG-41 (término municipal de Sanxenxo) en dirección al Grove, portando en el maletero dos cubos plásticos con 200 unidades de vieiras que arrojaban un peso total de 50 kilogramos y una báscula electronica portátil. Los acusados pretendían destinar las vieiras a la venta para el consumo humano sin que conste que pasasen los preceptivos controles sanitarios y alimentarios.

Al ser analizadas las vieiras por la Unidad de Viotoxinas del Instituto Tecnológico para el Control del Medio Marino en Galicia (INTECMAR), se constató la presencia de toxina neurotóxica ASP en la cantidad de 123,8 microgramos de ácido domoico por kilogramo, cantidad que excede de la permitida para el consumo, que se cifra en 20 mg/kg.

Pedro Miguel ha sido ejecutoriamente condenado por sentencia de fecha 11-11-2011 de la audiencia Provincial de La Coruña, Sección 2 ª como autor de un delito contra la salud pública de los artículos 363 y 365 del Código Penal a la pena entre otras de siete meses de prisión y dos años de inhabilitación especial para la industria y comercio".

Segundo

Contra a devandita sentenza, a representación procesual do/da recorrente interpuxo un recurso de apelación, que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito, o cal está unido ás actuacións.

Terceiro

Logo de trasladarlle o escrito de formalización do recurso ás partes, o Ministerio Fiscal presentou por escrito impugnación baseándose en que a sentenza obxecto de recurso se axusta plenamente a dereito e solicitouse a súa confirmación.

Cuarto

O xulgado do penal referido anteriormente remitiu a este Tribunal os autos orixinais con todos os escritos presentados para a sustanciación do recurso.

FEITOS PROBADOS

Aceptamos e damos por reproducidos os feitos que se declaran probados na sentenza obxecto de recurso.

FUNDAMENTOS XURÍDICOS

Primeiro

Os acusados, Pedro Miguel e Guillermo, foron condenados na instancia como autores responsables dun delito contra a saúde pública, previsto e penado no artigo 363.3 do Código penal . Só recorre en apelación perante esta alzada o primeiro dos acusados. Solicita a nulidade do procedemento pola falla de competencia territorial e a súa remisión aos xulgados do Ferrol; subsidiariamente, a súa absolución; e, máis subsidiariamente aínda, a imposición dunha pena inferior en grao polo delito intentado, cos demais pronunciamentos legais inherentes. O fiscal oponse a que acollamos a impugnación así deducida.

Tendo en conta as referidas solicitudes formuladas polo apelante e as alegacións que efectúa no seu recurso, intentaremos dar resposta a todo isto, aínda que ás veces non sexa doado seguir os razoamentos do recorrente.

Segundo

O primeiro dos motivos de apelación que se reflicte no recurso formulado por Pedro Miguel é do seguinte teor literal: violación do dereito fundamental á presunción de inocencia e garantía constitucional da imparcialidade xudicial consagrados no artigo 24 da Constitución española -no sucesivo CE-, con erro na valoración da proba . Dentro del alúdese a que viñan dende o Ferrol ata O Grove para vender as vieiras e que, en consecuencia, serían os xulgados da primeira vila os competentes territorialmente para a instrución e o coñecemento da causa na primeira instancia.

Pois ben, na fase de instrución da causa consta que, no seu día, o Xulgado de Instrución número 1 de Cambados se inhibiu a prol dos xulgados do Ferrol. Tamén que o Xulgado de Instrución número 3 de Ferrol rexeitou a inhibición e devolveu as actuacións a Cambados. E que este reabriu as dilixencias previas 1261/2012, que logo se transformaron no procedemento abreviado 168/2014, onde se pronunciou a sentenza contra a que agora se apela.

Lembra o Tribunal Supremo (por todas, a STS, Penal, Sección 1ª, do 24 de setembro de 2013 -ROJ: STS 4888/2013 -) que cómpre relativizar as cuestións de competencia territorial porque todos os xulgados son igualmente competentes material e funcionalmente, respondendo, en ocasións, tales cuestións de competencia territorial a formulacións dilatorias, sen incidencia no dereito, ao xuíz predeterminado pola lei ( STC 134/2010, e as que nela se citan, e STS 413/2013 ), ao que procede engadir, ademais, a imposibilidade de promover tales cuestións, unha vez aberto o xuízo oral, polo principio de perpetuatio iurisdictionis. Efectivamente, este principio rexe, polo menos, tras o auto de apertura do xuízo oral, resolución que, no procedemento...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
2 sentencias
  • SAP Pontevedra 105/2020, 29 de Julio de 2020
    • España
    • 29 Julio 2020
    ...de 2009, etc.) e dos demais tribunais desta mesma comunidade autónoma. Na nosa SAP Penal, Sección 2ª, do 18 de decembro de 2014 (ROJ: SAP PO 2735/2014 - ECLI:ES:APPO:2014:2735) xa lembrabamos o O tipo previsto no artigo 363.3 do Código penal consiste no tráf‌ico con xéneros corrompidos por ......
  • SAP A Coruña 524/2018, 6 de Noviembre de 2018
    • España
    • 6 Noviembre 2018
    ...con encontrar los productos en los almacenes o puestos donde se hallen en disposición de venta". En el mismo sentido, operan las SS.AP. Pontevedra de 18/12/2014 y 11/02/2015, cabiendo subrayar las anotaciones que contienen acerca de la naturaleza del tipo (peligro hipotético o potencial), l......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR