SAP Pontevedra 104/2020, 5 de Marzo de 2020

JurisdicciónEspaña
Número de resolución104/2020
Fecha05 Marzo 2020

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00104/2020

Modelo: N10250

C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - DIRECCION000

Teléfono: 986817388-986817389 Fax: 986817387

Correo electrónico:

Equipo/usuario: BN

N.I.G. 36057 42 1 2017 0012095

ROLLO: RPL RECURSO DE APELACION (LECN) 0000831 /2019

Juzgado de procedencia: XDO. PRIMEIRA INSTANCIA N. 5 de DIRECCION000

Procedimiento de origen: OMM OPOSICION MEDIDAS EN PROTECCION MENORES 0001325 /2017

Recurrente: Ángel Daniel

Procurador: MARIA DEL CARMEN SANCHEZ FERNANDEZ

Abogado: JOSE ENRIQUE PAZ FERNANDEZ

Recurrido: MINISTERIO FISCAL, CONSELLERIA DE POLITICA SOCIAL, LETRADO DE LA COMUNIDAD

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en DIRECCION000, composta polos maxistrados don Juan Manuel Alfaya Ocampo, don José Ferrer González e dona Magdalena Fernández Soto pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

SENTENZA Nº 104/20

Vigo, cinco de marzo de dous mil vinte.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Medidas en Protección de Menores procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 5 de DIRECCION000 ós que correspondeu o rolo 831/19, nos que aparece como parte apelante e demandante don Ángel Daniel, representada polo/a procurador/a dona María del Carmen Sánchez Fernández e asistida do/da letrado/a don José Enrique Paz Fernández, e como parte contra da que se apela e demandada Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia, representada pola letrada da Xunta de Galicia, con intervención do Ministerio Fiscal.

É o maxistrado relator don JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.

  1. ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 5 de DIRECCION000, con data do 27 de setembro de 2019, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:

...Se desestima la demanda interpuesta por la Procuradora de los Tribunales Sra. Sánchez Fernández, en nombre y representación de D. D. Ángel Daniel frente a la Consellería de Política Social de la Xunta de Galicia, manteniéndose la resoluciones de fecha 21 de septiembre de 2017 relativa al menor Ernesto . ...

Segundo

Contra a dita sentenza o/a procurador/a dona Maria del Carmen Sánchez Fernández, en representación de don Ángel Daniel, presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en DIRECCION000 . Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 27 de febreiro do 2020.

Terceiro

Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.

  1. FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

Tanto nós atopemos ante un proceso matrimonial de separación, nulidade ou divorcio, como more uxorio como, en fin, referido a medidas de protección de menores que poidan estar en situación de desamparo, o Norte que debe presidir a toma de decisións é sempre o mesmo: O ben do propio menor, que debe prevalecer sobre outros intereses en xogo, como os dos proxenitores, que sendo tamén valorables, deben ceder fronte a aquel designio supremo. Pois ben, partindo desta coordenada debemos decidir, á luz das probas que obran na lite, cal é a solución máis beneficiosa para o menor, Ernesto, hoxe de máis de oito anos de idade, ora mantelo baixo a tútela pública, acordada en virtude de resolución administrativa de data 21 de setembro de 2017 polo Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, ora establecer a custodia paterna, tal como defende o pai, hoxe demandante, e que impugna a anterior resolución.

Segundo

O primeiro que debemos destacar é que a decisión da tutela pública por desamparo do menor tomouse nun contexto familar que hoxe non é exactamente o mesmo. Neste senso cómpre lembrar a grave conflictividade e enfrontamentos habidos entre os proxenitores ao tempo do ditado da resolución administrativa, situación de continuas desavinzas, disputas e ata comportamentos merecentes de declaración de responsabilidade penal -da nai-, que en unión da persoalidade desta e da súa parella, derivaron nunha situación de desamparo...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • ATS, 15 de Septiembre de 2021
    • España
    • 15 Septiembre 2021
    ...la sentencia dictada, con fecha 5 de marzo de 2020, por la Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6.ª, en el rollo de apelación n.º 831/2019, dimanante de los autos de oposición a resolución administrativa en protección de menores n.º 1325/2017, del Juzgado de Primera Instancia n.º 5 d......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR