SAP Pontevedra 418/2003, 20 de Junio de 2003

PonenteJUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO
ECLIES:APPO:2003:2297
Número de Recurso237/2001
ProcedimientoCIVIL
Número de Resolución418/2003
Fecha de Resolución20 de Junio de 2003
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 5ª

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

SECCION QUINTA-SALA DE REFORZO

SEDE EN VIGO

Rolo Civil n° 237/01

Procedemento de Orixe: Maior Contía n° 259/2000

órgano de Procedencia: x. 1ª Instancia nº 9 VIGO

A SALA DE REFORZO DA SECCION QUINTA DA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

CON SEDE EN VIGO, composta polos Iltmos Sres. Maxistrados: D. JAIME CARRERA IBARZÁBAL,

D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO E D. MAGDALENA FERNÁNDEZ SOTO,

pronunciou

NO NOME DO REI

A seguinte

SENTENCIA N° 418 / 2003

En Vigo a vinte de xuño de dous mil tres.

VISTO en grado de apelación ante a Sala de Reforzo da Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do Xuízo de Maior Contía n° 259/2000, procedentes do Xulgado de 1ª Instancia núm. 9 de Vigo, os que correspondeu o rolo de apelación n° 237/2001 e nos que aparece como parte apelante CÍA MERCANTIL SANTO DOMINGO E HIJOS SL representada polo Procurador D. José V. Gil Tranchez e asistida do Letrado D. Fernando Méndez Pérez e como parte apelada COTO DE VIDUEIROS SL representada polo Procurador D. Jesús González Púelles-Casal e asistida da Letrada Dª Celia Tielas Amil e sendo o Maxistrado relator o Iltmo. Sr. D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Polo Xulgado de 1ª Instancia num. 9 de Vigo, con data 30 de abril de 2001 dictouse sentencia co seguinte

"FALLO: Que desestimando íntegramente las pretensiones de la actora, debo absolver y absuelvo a Coto de Vidueiras SL de las pretensiones ejercitadas en su contra, con expresa condena en costas de Santodomingo e Hijos SL. ".

SEGUNDO

Contra dita Sentencia, polo Procurador D. JOSE V. GIL TRANCHEZ, formulouse recurso de apelación que foi admitido en ambos efectos, consonte ao disposto no artigo 455 da Lei de Axuizamento Civil.

TERCEIRO

Na tramitación desta instancia cumprironse tódalas prescricións e termos legais.

FUNDAMENTOS DE DEREITO.

PRIMEIRO

Sen perxuicio de compartir a Sala a liña argumental da sentencia recorrida, fai a título de simple abundancia, e aínda a risco de ser reiterativa, as reflexións seguintes.

A parte actora, e hoxe recorrente, insta a rescisión - ou resolución - do contrato de compravenda concertado coa demandada a traveso da escritura notarial de data 15 de maio de 1.997, por estimar - dito de maneira sintética, e por existir realmente acordo sobre este punto entre os litigantes - que o obxecto negocial deveu imposible, ou utilizando distintas expresións empregadas pola actora, porque o obxecto do contrato é irrealizable, hai unha incertidume contractual total, unha debilidade progresiva da causa ata chegar a desaparecer, unha ruptura definitiva e irreversible da equivalencia das prestacións, ou unha imposibilidade sobrevida de alcanzar a finalidade perseguida. E a causa desas afirmacións, que levarían á ineficacia contractual preconizada pola demandante, estaría a xuízo deste contendente - dito tamén resumidamente - nos impedimentos de orde administrativa ou urbanística existentes.

É certo que a doutrina xurisprudencial ten sentado que a causa do contrato ten que existir ao longo de toda a súa vixencia, e que se o fin negocial xurde á postre de imposible realización, o contrato devén ineficaz.

Así, di a s de 20-4-94 " el motivo se estima por haber desaparecido la causa negocial durante el transcurso de la vigencia del contrato de tracto sucesivo. Siendo la causa la finalidad común perseguida por los contratantes, cuando la misma no se mantiene durante el tiempo de duración de la relación contractual en virtud de acontecimientos imprevisibles para las partes en el momento de su perfección, no puede sostenerse jurídicamente el entramado de derechos y obligaciones que forman su contenido so pena de autorizar enriquecimientos a todas luces injustificados. No es que haya que moderar equitativamente el contrato, dejándolo subsistente, en virtud de la doctrina de la cláusula "rebus sic stantibus", porque carece de sentido que si la prestación de una de las partes se ha hecho imposible, la otra tenga que cumplir la suya aun...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • ATS, 27 de Marzo de 2007
    • España
    • 27 Marzo 2007
    ...la Sentencia dictada con fecha 20 de junio de 2003, por la Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Quinta), en el rollo de apelación 237/2001, dimanante de los autos de juicio de mayor cuantía nº 259/2000 del Juzgado de Primera Instancia número 9 de - Mediante Providencia de 9 de octubr......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR