SAP Pontevedra 98/2007, 13 de Febrero de 2007

PonenteJUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO
ECLIES:APPO:2007:47
Número de Recurso3057/2006
ProcedimientoCIVIL
Número de Resolución98/2007
Fecha de Resolución13 de Febrero de 2007
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 6ª

CIVIL

Rolo: 3057/06

Procedemento de orixe: Ordinario 621/04

Órgano de procedencia: Instancia núm. 9 de Vigo

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos

maxistrados D. Jaime Carrera Ibarzábal, D. Juan Manuel Alfaya Ocampo e D. Julio Picatoste Bobillo pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

SENTENZA Nº 98/07

Vigo, trece de febreiro de dous mil sete.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do Xuízo Ordinario 621/04 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 9 de Vigo ós que correspondeu o rolo 3057/06, nos que aparece como parte apelante - demandados La Estrella del

Jamón del Siglo XXI y D. Alvaro representados polo/a procurador/a D./D.ª Alberto Vidal

Ruibal e asistida do/da letrado/a D./D.ª D. Javier Rodríguez Fernández e como parte contra da que

se apela e demandante e reconvinente ALD Automotive Services, S.A. representada polo/a

procurador/a D./D.ª Emilio Alvarez Buceta e asistida do/da letrado/a D./D.ª Ana Urgel. É o

maxistrado relator D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, quen expresa o parecer da Sala.

  1. ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 9 de Vigo de Vigo, con data do 20/09/05, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:

"Que estimando parcialmente las pretensiones de la parte actora debo condenar y condeno a la Estrella del Jamón del Siglo XXI y a Alvaro a pagar solidariamente a ALD Automotive Services,S.A. la cantidad de 13686,76 más el interés legal del dinero desde la fecha de la presentación de lza demanda; sin especial pronunciamiento en cuanto a costas.

Desestimando íntegramente la reconvención formulada por la Estrella del Jamón del Siglo XXI, debo absolver y absuelvo a ALD Automotive Services, S.A., con expresa condena en costas de la demandante reconvencional.""

Segundo

Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª Alberto Vidal Ruibal, en representación de La Estrella del Jamón del Siglo XXI y D. Alvaro, presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 08/02/07.

Terceiro

Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.

II FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

Duas advertencias previas deben efectuarse para unha correcta resolución da controversia desta alzada. A primeira está vencellada co feito de que por parte dos dous demandados iniciais houbo dous escritos de contestación á demanda contra deles formulada, contestacións con un contido diferente, pois mentres que o demandado, Sr. Alvaro, se limitaba a solicitar que se rexeite a demanda, sen promover, a sua vez, demanda reconvencional, o outro demandado, La Estrella del Jamón del Siglo XXI, S. L. non só insta que non se estime a demanda primeira, senón que entabla ao propio tempo reconvención. E esta dual e diversa postura procesual conleva a obrigada consecuencia, de que a solicitude de acollimento da demanda reconvencional, que por via do recurso se fai, tan só podería acollerse, no seu caso, a prol da sociedade reconvinte, ou o que é igual, carece de lexitimación para instar ese pedimento o outro demandado, a posición defensiva do cal tan só poderá examinarse ata o tope ou límite cuantitativo - insistimos- de que se rexeite a pretensión contra del promovida, mais sen que se podese declarar algunha hipotética suma acreedora para él. A segunda puntualización garda fonda relación cos postulados dispositivo, de congrunecia e da natureza mesma do recurso de apelación. Estámonos referir a que debe excluirse do ámbito dialéctico e decisor desta segunda instancia toda cuestión non plantexada na primeira. E para máis concreción, está vedado ó demandado recurrente, Sr. Alvaro, a alegación que fai na apelación - dito de xeito simplificado-, de que nos contratos de aluguer " a maiores " non tivo intervención ningunha, na estratexia entón de que a sua fianza non podería extenderse a esas novas obrigas, dado que tal alegación defensiva permaneceu inédita na primeira instancia. E todo elo con independencia de que o Tribunal poda compartir - e a comparte- a argumentación da sentencia recurrida, de que a fianza se extendería ás obrigas discutidas, dada a...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
2 sentencias
  • SAP Navarra 123/2009, 8 de Septiembre de 2009
    • España
    • 8 Septiembre 2009
    ...dilatando temporalmente su especificación a su voluntad (STS de 20 de diciembre de 2005, recogida asimismo por la SAP de Pontevedra -Secc. 6ª- de 13 de febrero de 2007 ). En definitiva este Tribunal sigue el criterio aplicado en supuestos similares por esta misma Audiencia (cfr. SAP Navarra......
  • SAP Navarra 124/2009, 15 de Septiembre de 2009
    • España
    • 15 Septiembre 2009
    ...dilatando temporalmente su especificación a su voluntad (STS de 20 de diciembre de 2005, recogida asimismo por la SAP de Pontevedra -Secc. 6ª- de 13 de febrero de 2007 ). En definitiva este Tribunal sigue el criterio aplicado en supuestos similares por esta misma Audiencia (cfr. SAP Navarra......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR