SAP Pontevedra 574/2007, 26 de Octubre de 2007

PonenteJUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO
ECLIES:APPO:2007:2873
Número de Recurso3300/2006
ProcedimientoCIVIL
Número de Resolución574/2007
Fecha de Resolución26 de Octubre de 2007
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 6ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00574/2007

AUDIENCIA PROVINCIAL

SECCIÓN SEXTA

SEDE EN VIGO

CIVIL

Rolo: 3300/06

Procedemento de orixe: ORDINARIO 1317/05

Órgano de procedencia: 1ª INSTANCIA Nº 1 DE VIGO

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos

maxistrados D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, D. Julio Picatoste Bobillo e Dª Magdalena Fernández Soto pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

SENTENZA Nº574

Vigo, vinteseis de outubro de dous mil sete.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os

autos do xuízo Ordinario 1317/05 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 1 de Vigo ós que

correspondeu o rolo 3300/06, nos que aparece como parte Apelante-Demandante GENESIS

SEGUROS GENERALES representada polo/a procurador/a D./D.ª JOSE R. CURBERA

FERNANDEZ e asistida do/da letrado/a D./D.ª CARLOS E. BORRAS DIAZ e como parte contra da

que se apela e demandado Esteban representada polo/a procurador/a D./D.ª

AMPARO GONZALEZ MARTINEZ e asistida do/da letrado/a D./D.ª BEATRIZ DAVILA COSTAS. É o

maxistrado relator D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, quen expresa o parecer da Sala.

  1. ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 1 de Vigo de Vigo, con data do 15 de maio de 2006, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:

"Desestimando íntegramente la demanda promovida por la representación de Génesis Seguros Generales contra Esteban, debo absolver y absuelvo a la demandada de las pretensiones contra ella deducidas, sin expresa imposición de las costas procesales en ésta instancia a ninguna de las partes."

Segundo

Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª Jose R. Curbera Fernández, en representación de D./D.ª Genesis Seguros Generales, presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC ).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 25 de outubro de 2007.

Terceiro

Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.

  1. FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

A compañía de seguros, en virtude dos seguros obrigatorio e voluntario (ou a todo risco) subscritos co seu asegurado, pagou ós propietarios dos vehículos, que estaban correctamente estacionados, os danos causados nos mesmos por aquel primeiro cando conducía o seu vehículo baixo un estado de embriaguez, recaindo contra del sentencia penal firme condenatoria polo correspondente delicto contra da seguridade do tráfico. A aseguradora promove agora demanda contra do asegurado, alegando que no condicionado da póliza - que ainda que non o especifica claramente, debe entenderse referida á póliza do Seguro Voluntario- se pactaba expresamente que quedaba excluido expresamente da cobertura do seguro "os riscos que se produzan atopándose o conductor asegurado en estado de embriaguez", cláusula que lle lexitimaba, ó seu xuizo, para exercitala acción de repetición. Acción que é rexeitada pola sentencia dictada en primeira instancia ao non acreditarse, por non aportarse a póliza, a estipulación de devandita cláusula. E contra desta decisión álzase hoxe a compañía de seguros polo canle do presente recurso de apelación.

Segundo

A Sala comparte e fai suas as reflexións da sentencia apelada, limitándonos a facer, a título de simple abundancia, as consideración que de seguido pasamos a expoñer.

Sobre a cláusula excluinte da cobertura, de embriaguez, estipulada para o Seguro Voluntario, cabe realizar tres afirmacións, a primeira, que é válida e lícita en base ó postulado de liberdade de contractual proclamado polos artºs. 1.255 do C. C., e 1 e 3 da L. C. S. de 8 de outubro de 1.980, a segunda, que estamos ante unha cláusula limitativa dos dereitos do asegurado, e en terceiro e último lugar, e como consecuencia da anterior natureza desa cláusula, que precísase, para a sua eficacia exonerativa de cobertura para a aseguradora, que a mesma sexa especificamente aceptada e asinada polo tomador do seguro. Tres aspectos ou vertentes que salientan as doctrinas científica e xurisprudencial.

Así, a s. do T. S. de data 22-4-86 declara que "la responsabilidad en que el asegurado incurrió conduciendo el automóvil en estado de embriaguez no es trasladable, como también expresa dicha sentencia, a la entidad aseguradora en vía del seguro voluntario concertado, ya que no estaba cubierta por la póliza por una circunstancia de exclusión expresamente contemplada por los contratantes".

A s. de 15-7-93 di que "la exención de la cobertura del riesgo en los supuestos de conducción en estado de embriaguez es admitida por la jurisprudencia y buena parte de la doctrina, pero con la condición de que la cláusula que la contenga haya sido aceptada y firmada por el tomador del seguro, bien en la póliza o en documento complementario".

Pola sua banda, a mais recente sentencia, de 7-7-2.006, fai as seguintes afirmacións, que pola sua importancia para a decisión do caso axuiciado non nos resistimos a transcribir literalmente: "En relación con diversas modalidades de seguros de accidentes y de daños, se ha planteado ante los tribunales la extensión de la cobertura del seguro a los accidentes de circulación sufridos por conductores que superan la tasa de alcoholemia establecida como límite para la conducción. La respuesta dada por las distintas Audiencias Provinciales a esta cuestión ha sido diversa. Por lo general, viene aceptándose -no sin excepciones- que la exclusión del accidente padecido en tales circunstancias tiene validez cuando figura en una cláusula que, como limitativa de los derechos...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
2 sentencias
  • SAP Pontevedra 224/2008, 3 de Abril de 2008
    • España
    • 3 Abril 2008
    ...las resoluciones mas recientes, baste citar la sentencia dictada por esta Audiencia sobre el particular, como es la SAP de Pontevedra, sección 6ª, de 26 de octubre de 2007, en la cual se señala: "Primeiro: A compañía de seguros, en virtude dos seguros obrigatorio e voluntario (ou a todo ris......
  • SAP Pontevedra 230/2008, 9 de Abril de 2008
    • España
    • 9 Abril 2008
    ...la parte apelante. Baste citar la mas reciente sentencia dictada por esta Audiencia sobre el particular, como es la SAP de Pontevedra, sección 6ª, de 26 de octubre de 2007, en la cual se señala: "Primeiro: A compañía de seguros, en virtude dos seguros obrigatorio e voluntario (ou a todo ris......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR